Saltar ao contido principal

CERTAME LITERARIO CARMELA LOUREIRO


Esta é unha nota para comunicarvos que está en marcha a V edición do Certame literario Carmela Loureiro, convocado por o Concello de Ferrol e a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra (CENL). Establécense catro categorías na modalidade de microrrelatos, catros categorías na modalidade de micropoesía: e unha categoría na modalidade de microteatro.


 1 Modalidade de microrrelatos Categoría A: 5º e 6º educación primaria Categoría B 1º e 2º de ESO. Categoría C: 3º e 4º de ESO. Categoría D: bacharelato e ciclos formativos.

2 Modalidade de micropoesía Categoría A: 5º e 6º educación primaria Categoría B 1º e 2º de ESO. Categoría C: 3º e 4º de ESO. Categoría D: bacharelato e ciclos formativos.

3 Modalidade de microteatro Categoría D: bacharelato e ciclos formativos

O prazo para entregar os traballos en cada centro na fase interna remata o venres 14 de decembro de 2018 e para a fase intercentros, é dicir, a entrega ao Concello dos traballos seleccionados remata o 20 de decembro.
Dende o equipo de Dinamización lingüística do instituto queremos animarvos a todos a participar, coñecedores de que talento e creatividade non falta por aquí.


Publicacións populares deste blog

Obradoiro o Galego en internet e nas redes sociais

Este obradoiro ten como finalidade  a reflexión  sobre o uso e o fomento do  idioma galego en internet e nas redes sociais, está deseñado para ó alumnado de Bacharelato por iniciativa dos Departamentos de Dinamización e a Biblioteca do centro. Está dirixido polo proxecto   ORGULLO GALEGO, que se definen a sí mesmos  como:    "Todos os galegos orgullosos do seu, da súa terra, da súa lingua, do seu pobo, da súa idiosincrasia e da súa historia ocultada e negada. Das paisaxes, da gastronomía privilexiada, e como somos e pensamos, das nosas tradicións e da nosa mitoloxía." Está previsto que teñan unha sesión de una hora os grupos de 1º de Bacharelato do centro o vindeiro martes, 6 de xuño en horario de tarde tal como podedes ver no cartel da convocatoria. obradoiro o galego nas redes de dinamización2019

OS TRABALLOS DO CONCURSO SOBRE A LINGUA GALEGA

  Dixamos aquí a exposición de traballos participantes no concurso sobre a Lingua Galega que podedes ver na Biblioteca do instituto. Desde aquí queremos felicitar a todos os participantes e animarvos a continuar a empregar a nosa lingua en distintos ámbitos da nosa vida. concurso de anuncios sobre o galego de Dinamización Sofía Casanova

Obradoiro de APODERAMENTO LINGÜÍSTICO

  O pasado venres 11 de novembro, catro alumnos e alumnas de 1º de bacharelato acudiron á terceira sesión do Obradoiro de Apoderamento Lingüístico. Desta volta, xuntouse alumnado de varios institutos de Ferrol. Foi unha xornada de convivencia ben produtiva. O alumnado formulou algúns dos atrancos cos que se atopa no seu día a día cando queren empregar a lingua galega e, por grupos de traballo, propuxeron moi boas ideas para tratar de os superar. Estas propostas expoñeránllelas ao resto de compañeiros e compañeiras nunha terceira xuntanza que se realizará o vindeiro martes 29 de novembro no IES Torrente Ballester. Estade atentos e atentas porque vos contaremos todo o traballo que realizaron. De momento, deixámosvos unhas imaxes do venres 11.