Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2022

Os booktrailers do alumando do Sofía

  O talento do alumando do Sofía non te límites e para mostra estes Booktrailers das lecturas que teñen feito coa profesora Pilar Vázquez na área de Lingua Galega en  4º da ESO.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

  A Real Academia Galega acordou adicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2022 a Florencio Delgado Gurriarán considerando varios aspectos: en primeiro lugar a súa obra poética, en segundo lugar a súa defensa e militancia a prol dos valores democráticos.  nun tempo adverso,  que el mantivo acesos mesmo nas angosturas do desterro. Así como a súa defensa e admiración polas terras de Valdeorras, o seu compromiso coa súa cultura, as tradicións, o patrimonio histórico (material e inmaterial) e lingua da nosa terra. Desde  este blog queremos propoñer varias actividades para dar a coñecer a este autor e a súa obra. Para informarnos: - Podemos atopar unha morea de datos e fotografías no corredor de abaixo na exposición que leva por título Primavera das letras. - Para coñecer distintos aspectos da vida e obra de Florencio Delgado preparamos unha páxina web na que recompilamos recursos cos que podedes traballar. Para participar: Temos convocados dous concursos: - Un de marcapáxinas en papel e

FESTA DOS MAIOS

Nos últimos anos estamos a consolidar no Sofia Casanova a recuperación da festa dos Maios, sabendo que na nosa cidade ten un grande impacto desde que o barrio de Canido tomara a iniciativa de actualizar esta festa facendo decoracións florais nas súas rúas e comercios. Esta gaña cada ano en participación e acollida da cidadanía. Pola nosa banda, fixemos na entrada do Instituto, o noso Maio coas achegas de plantas e flores recollidas polo alumnado e o profesorado. Na confección implicáronse particularmente a Biblioteca o e os Departamentos de Dinamización, Orientación e o de Bioloxía. Tamén queremos agradecer a inestimable axuda dos pais e nais da ANPA, coa súa presidenta que sempre está disposta a botar unha man en calquera iniciativa. As familias colaboran no Maio. Dentro de pouco celebraremos tamén co Voluntariado da Biblioteca e os anciáns da residencia Domus VI  esta mesma festa, artellando dous Maios, pois un quedará no noso centro e o outro vai para a residencia. Xuntarémonos d

Concurso de MICRORRELATOS

  O club de Microescritura do que Emilio Saldaña é o coordinador e que se reúnen na biblioteca do centro durante o segundo recreo dos venres. Teñen previsto convocar un concurso de Microrrelatos  no que  invitan a participar a todo o alumnado do centro. As bases  e as datas da convocatoria están no cartel que podedes ver polos corredores  do centro. Animádevos a participar porque sabemos do moito talento que hai neste instituto. Concurs de MICRORRELATOS