O Concello de Ferrol e a Coordenadora de Equipas de normalización Lingüística de Ferrolterra (CENL) convocan o VII Certame literario Carmela Loureiro como homenaxe a unha muller,profesora en Ferrolterra, presidenta da CENL durante anos, que dedicou o seu tempo e o seu saber á lingua e aos máis novos. A súa traxectoria persoal e profesional é un exemplo do labor anónimo exeneroso de moitos profesionais do ensino na difusión da cultura e do idioma entre a mocidade. Este certame rexerase polas seguintes bases; 1- Poderá participar todo o alumnado dos centros de ensino non universitario do Concello de Ferrol e daqueles centros da comarca que forman parte da CENL, sempre que estean matriculados nalgún dos cursos correspondentes ás distintas categorías establecidas neste certame. 2- O certame presenta tres modalidades: 1) Modalidade de microrrelatos 2) Modalidade de micropoesía 3) Modalidade de microteatro (só para a categoría de bacharelato e ciclos formativos). 3- Na modalidade de microrr
Como cada ano os Departamentos de Actividades Extraescolares, Dinamización Lingüística, Orientación e a Biblioteca fixemos unha proposta conxunta de actividades para decorar a nosa árbore de Nadal. Polo que como outros anos, pedimos a colaboración dos titor@s e profesor@s da ESO. Neste tempo de pandemia que nos limita o contacto, entendemos que o agasallo que todos desexariamos recibir serían os bicos e apertas dos nosos seres queridos. Con este lema “Bicos e apertas polo Nadal” decidimos completar unhas tarxetas como as da imaxe, que puxemos a disposición dos titores; nelas podíanse engadir. Unha imaxe persoal na que estivesemos bicando ou abrazando a algún ser querido. Una fotografía dun bico icónico dalgunha película, dun cómic, libro ou dunha obra de arte. Un texto describindo unha escea de bicos e apertas dunha película o dunha obra literaria. Por outra banda, o alumnado que así o quixo, fixo adornos para a árbore en forma de corazóns, estrelas e mans de cartolina ve