Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2021

XELA ARIAS, LETRAS GALEGAS 2021

Este  ano  o  Día das Letras Galegas 2021 está adicado a  XELA  ARIAS. Desde os departamentos de Orientación, Dinamización lingüística e da Biblioteca, fixemos unha proposta de actividades para que se puideran realizar desde as titorías. Recompilamos recursos, información, imaxes e vídeos como introdución da autora na seguinte páxina. -O alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO, fixeron marcapáxinas e infografías como as que vos deixamos máis abaixo. -O alumnado de 4º da ESO, fixo vídeos cunha aplicación de móbil que lle permitiu recitar poemas de Xela cunha imaxe da autora, facendo falar á fotografía. Pola súa banda o departamento de Tecnoloxía fixo a súa aportación compoñendo marcapáxinas para a impresora 3ºD. Aquí deixamos algún dos proxectos do alumnado, o resto podédelos ver na páxina web. Pica na imaxe para velos todos. Aquí deixamos unha mostra de algunhas infografías. Recollimos os vídeos do alumnado neste muro colaborativo.

VISITA AO CENTRO DE RAFAEL PILLADO

  Os profesores Adrián Ansede, do Departamento de Xeografía e Historia, e O equipo de Dinamización da  Lingua Galega, organizaron conxuntamente unha actividade complementaria para o alumnado de 4º de ESO do IES Sofía Casanova o pasado xoves 6 de maio.   Tratouse dunha conferencia a cargo de Rafael Pillado Lista, destacado activista sindical durante o franquismo, quen, a través da narración das súas propias experiencias, compartiu connosco un valioso testemuño do artellamento da oposición sindical e da loita obreira clandestinas durante a ditadura, facendo especial fincapé naqueles fitos que afectaron dunha maneira máis directa á comarca de Ferrolterra (como as mobilizacións de marzo do 72).   Nado en San Cibrao (Cervo) en 1942, Rafael Pillado coñeceu o significado da represión e a inxustiza desde a súa nenez por mor do encarceramento de seu pai no castelo de San Felipe, o que lle impuxo á familia un traslado practicamente forzado e serias dificultades para subsistir e saír adia

AÍ VÉN O MAIO

 Nos últimos días do mes de abril e os primeiros de maio, organizamos un obradoiro de confección de maios, para celebrar a chegada da primavera. Colaboraron co equipo de Dinamización e a Biblioteca, moitos departamentos: o de Tecnoloxía, o de Ciencias Naturais e o Departamento de Orientación.  Os obradoiros realizáronse nos diferentes recreos e tamén durante o desenvolvemento das titorías e doutras clases. O alumnado e o profesorado colaborou achegando flores, diferentes pólas, verde , froitas, etc.,Tamén se deron a coñecer nas clases de lingua galega diversas cancións sobre os maios e outras tradicións florais que rememoran unha tradición ancestral desta festa. Velaquí tedes o resultado : un traballo colaborativo e que resultou ben divertido para toda a comunidade.  Se queredes  podedes picar na imaxe para ver a  páxina de dinamización donde deixamos unha presentación na que achegamos información sobre a orixe e o desenvolvemento desta festa tradicional.   Grazas a toda a comunidade