Saltar ao contido principal

MES DA CIENCIA EN GALEGO




Este martes 20 de novembro en Santiago de Compostela, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participa nun acto institucional co alumnado do IES Sofía Casanova de Ferrol que contou co catedrático Luis Puig Mosquera, profesor de matemáticas do noso centro, que fixo un relatorio sobre "As simetrías do Pórtico da Gloria”. A este evento , que se desenvolveu no Pórtico da Gloria, tamén asistiron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a directora xeral do Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez; os presidentes da Real Academia de Ciencia, Miguel Ángel Ríos, e da Institución Galega de Ciencia, Manuel Díaz; así como o deán da Catedral de Santiago, Segundo Pérez.
Esta actuación enmarcase dentro das actividades do Mes da Ciencia en Galego, que a consellería de Cultura e Turismo, promove tamén por medio de accións nas bibliotecas públicas e mais nos centros educativos a través dos equipos de dinamización da lingua galega coa finalidade de visibilizar a utilidade da lingua galega como instrumento de pescuda e de divulgación científica. Este 2018 foi declarado Ano Europeo do Patrimonio Cultural, e buscouse poñer de relevo a cultura científica e a cultura galega como patrimonio cultural europeo. En consonancia con isto, os científicos destacados foron Arquímedes, un dos máis grandes matemáticos e físicos europeos de todos os tempos, e mais ao mestre Mateo, arquitecto do Pórtico da Gloria.
Neste sentido o conselleiro destacou a utilidade da nosa lingua como medio de divulgación científica e que abre portas á universalidade.O tempo que destacou a figura do mestre Mateo como matemático e arquitecto da obra máis universal do nos patrimonio. Pola súa banda o xefe do departamento de matemáticas do noso intituto ofreceulles unha conferencia sobre "As simetrías do Pórtico da Gloria". O noso compañeiro ten un libro publicado tratando este tema que está á vosa disposición na biblioteca.
Deixámovos a imaxe na que podemos velos acompañados da directora,Teresa Sebio e da xefa do equipo de dinamización, Victoria.
Aquí tenemos outros enlaces onde podemos informarnos:

Publicacións populares deste blog

Obradoiro o Galego en internet e nas redes sociais

Este obradoiro ten como finalidade  a reflexión  sobre o uso e o fomento do  idioma galego en internet e nas redes sociais, está deseñado para ó alumnado de Bacharelato por iniciativa dos Departamentos de Dinamización e a Biblioteca do centro. Está dirixido polo proxecto   ORGULLO GALEGO, que se definen a sí mesmos  como:    "Todos os galegos orgullosos do seu, da súa terra, da súa lingua, do seu pobo, da súa idiosincrasia e da súa historia ocultada e negada. Das paisaxes, da gastronomía privilexiada, e como somos e pensamos, das nosas tradicións e da nosa mitoloxía." Está previsto que teñan unha sesión de una hora os grupos de 1º de Bacharelato do centro o vindeiro martes, 6 de xuño en horario de tarde tal como podedes ver no cartel da convocatoria. obradoiro o galego nas redes de dinamización2019

OS TRABALLOS DO CONCURSO SOBRE A LINGUA GALEGA

  Dixamos aquí a exposición de traballos participantes no concurso sobre a Lingua Galega que podedes ver na Biblioteca do instituto. Desde aquí queremos felicitar a todos os participantes e animarvos a continuar a empregar a nosa lingua en distintos ámbitos da nosa vida. concurso de anuncios sobre o galego de Dinamización Sofía Casanova

Obradoiro de APODERAMENTO LINGÜÍSTICO

  O pasado venres 11 de novembro, catro alumnos e alumnas de 1º de bacharelato acudiron á terceira sesión do Obradoiro de Apoderamento Lingüístico. Desta volta, xuntouse alumnado de varios institutos de Ferrol. Foi unha xornada de convivencia ben produtiva. O alumnado formulou algúns dos atrancos cos que se atopa no seu día a día cando queren empregar a lingua galega e, por grupos de traballo, propuxeron moi boas ideas para tratar de os superar. Estas propostas expoñeránllelas ao resto de compañeiros e compañeiras nunha terceira xuntanza que se realizará o vindeiro martes 29 de novembro no IES Torrente Ballester. Estade atentos e atentas porque vos contaremos todo o traballo que realizaron. De momento, deixámosvos unhas imaxes do venres 11.