Saltar ao contido principal

VIOLENCIA DE XÉNERO



Este mes de novembro, seguro que notastes que a primavera chegou a destempo ao noso centro. Pola conserxería, polos corredores, pola oficina de secretaría, polas portas das aulas, pola biblioteca, por suposto… floreceron margaridas (soltas ou en guirnaldas). Aínda literalmente están a medrar nas macetas da mesa da entrada, onde algúns nomes escritos sobre madeira simbolizan o noso radical rexeitamento contra todo tipo de violencia.

Si, todos os grupos de alumnos colaboraron, dunha ou outra maneira. Algúns, dende as súas titorías; outros, dende as materias de linguas oficiais o extranxeiras para redactar as mensaxes nos pétalos das margaritas en todos cantos idiomas sabemos falar aquí.

E que fronte a esta praga que esgota flores e vidas non caben as contemplacións, nin os silenzos… Só admitimos o completo e explícito desplante.

Porque o noso lema, o noso berro de loita foi pacífico como as revolucións que levan flores por armas, moi sinxelo mais absolutamente meridiano:

“PLANTÁMONOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”.

Para que nunca teñamos que dicir (dun xeito dolorosamente premonitorio) con Lorca en Poeta en Nueva York:



“Cuando se hundieron las formas puras
bajo el cri cri de las margaritas,
comprendí que me habían asesinado”


Publicacións populares deste blog

Obradoiro o Galego en internet e nas redes sociais

Este obradoiro ten como finalidade  a reflexión  sobre o uso e o fomento do  idioma galego en internet e nas redes sociais, está deseñado para ó alumnado de Bacharelato por iniciativa dos Departamentos de Dinamización e a Biblioteca do centro. Está dirixido polo proxecto   ORGULLO GALEGO, que se definen a sí mesmos  como:    "Todos os galegos orgullosos do seu, da súa terra, da súa lingua, do seu pobo, da súa idiosincrasia e da súa historia ocultada e negada. Das paisaxes, da gastronomía privilexiada, e como somos e pensamos, das nosas tradicións e da nosa mitoloxía." Está previsto que teñan unha sesión de una hora os grupos de 1º de Bacharelato do centro o vindeiro martes, 6 de xuño en horario de tarde tal como podedes ver no cartel da convocatoria. obradoiro o galego nas redes de dinamización2019

Obradoiro de APODERAMENTO LINGÜÍSTICO

  O pasado venres 11 de novembro, catro alumnos e alumnas de 1º de bacharelato acudiron á terceira sesión do Obradoiro de Apoderamento Lingüístico. Desta volta, xuntouse alumnado de varios institutos de Ferrol. Foi unha xornada de convivencia ben produtiva. O alumnado formulou algúns dos atrancos cos que se atopa no seu día a día cando queren empregar a lingua galega e, por grupos de traballo, propuxeron moi boas ideas para tratar de os superar. Estas propostas expoñeránllelas ao resto de compañeiros e compañeiras nunha terceira xuntanza que se realizará o vindeiro martes 29 de novembro no IES Torrente Ballester. Estade atentos e atentas porque vos contaremos todo o traballo que realizaron. De momento, deixámosvos unhas imaxes do venres 11.

OS TRABALLOS DO CONCURSO SOBRE A LINGUA GALEGA

  Dixamos aquí a exposición de traballos participantes no concurso sobre a Lingua Galega que podedes ver na Biblioteca do instituto. Desde aquí queremos felicitar a todos os participantes e animarvos a continuar a empregar a nosa lingua en distintos ámbitos da nosa vida. concurso de anuncios sobre o galego de Dinamización Sofía Casanova