Saltar ao contido principal

GAÑADORA PREMIO LITERARIO CARMELA LOUREIRO


Nesta V edición do Certame literario Carmela Loureiro, convocado por o Concello de Ferrol e a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra (CENL), resultou gañadora na categoría de Microrrelatos unha alumna do noso centro: Irene Fernández Arias, de 4º da ESO, que presentou  un relato titulado: Acompáñame
Dende o centro e o Equipo de Dinamización queremos felicitar a todo o alumnado que se animou a participar e moi especialmente a Irene. Desexando que siga escribindo e compartindo os seus textos con nós, e que este sexa o primeiro de moitos premios.




Publicacións populares deste blog

Obradoiro o Galego en internet e nas redes sociais

Este obradoiro ten como finalidade  a reflexión  sobre o uso e o fomento do  idioma galego en internet e nas redes sociais, está deseñado para ó alumnado de Bacharelato por iniciativa dos Departamentos de Dinamización e a Biblioteca do centro. Está dirixido polo proxecto   ORGULLO GALEGO, que se definen a sí mesmos  como:    "Todos os galegos orgullosos do seu, da súa terra, da súa lingua, do seu pobo, da súa idiosincrasia e da súa historia ocultada e negada. Das paisaxes, da gastronomía privilexiada, e como somos e pensamos, das nosas tradicións e da nosa mitoloxía." Está previsto que teñan unha sesión de una hora os grupos de 1º de Bacharelato do centro o vindeiro martes, 6 de xuño en horario de tarde tal como podedes ver no cartel da convocatoria. obradoiro o galego nas redes de dinamización2019

OS TRABALLOS DO CONCURSO SOBRE A LINGUA GALEGA

  Dixamos aquí a exposición de traballos participantes no concurso sobre a Lingua Galega que podedes ver na Biblioteca do instituto. Desde aquí queremos felicitar a todos os participantes e animarvos a continuar a empregar a nosa lingua en distintos ámbitos da nosa vida. concurso de anuncios sobre o galego de Dinamización Sofía Casanova

Obradoiro de APODERAMENTO LINGÜÍSTICO

  O pasado venres 11 de novembro, catro alumnos e alumnas de 1º de bacharelato acudiron á terceira sesión do Obradoiro de Apoderamento Lingüístico. Desta volta, xuntouse alumnado de varios institutos de Ferrol. Foi unha xornada de convivencia ben produtiva. O alumnado formulou algúns dos atrancos cos que se atopa no seu día a día cando queren empregar a lingua galega e, por grupos de traballo, propuxeron moi boas ideas para tratar de os superar. Estas propostas expoñeránllelas ao resto de compañeiros e compañeiras nunha terceira xuntanza que se realizará o vindeiro martes 29 de novembro no IES Torrente Ballester. Estade atentos e atentas porque vos contaremos todo o traballo que realizaron. De momento, deixámosvos unhas imaxes do venres 11.