O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro no noso centro quixemos destacar á autora, como xa se deixou constancia no blog da biblioteca. Pola nosa banda, dado que este equipo estivo vinculado coa celebración do Día da Paz, quixemos sumarnos ás actividades propostas pola biblioteca, seguindo a mesma temática e participando no concurso que se fixo cos poemas de Rosalí: Airiños e Negra Sombra.
Airiños, airiños aires,
airiños da miña terra;
airiños, airiños aires,
airiños, leváime a ela.
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Rosalía na súa poesía expresa con forza e sensibilidade a dor colectiva, a desolación dun pobo que se ve abocado á emigración como forma de supervivencia. Retratando como ninguén a indefensión, o abandono e a desesperación que leva na pel un ser humano que se ve desposuído non só da súa familia senón do seu medio cultural e social. Ela usa a lingua galega, que lle proporciona palabras e imaxes imprescindibles como a morriña, para retratar ese desgarro íntimo que produce nas nais, nos fillos e nos pais esta separación.
Airiños, airiños airesAiriños, airiños aires,
airiños da miña terra;
airiños, airiños aires,
airiños, leváime a ela.
Sin ela vivir non podo,
non podo vivir contenta;
que adonde queira que vaia,
cróbeme unha sombra espesa.
non podo vivir contenta;
que adonde queira que vaia,
cróbeme unha sombra espesa.
Esa sombra que cargan ás costas por igual homes e mulleres, é a dor da separación, a da culpabilidade e a responsabilidade de deixar a súa terra pola incerteza de que este esforzo sirva para construír un futuro mellor.
Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Tratáronse estes dous poemas de Rosalía para seguir profundizando no problema dos migrantes que iniciamos coa campaña do Día da Paz.
Para o alumnado que quixo xogar, proxectouse un vídeo co poema Negra Sombra, interpretado por Luz Casal e Carlos Nuñez, completando ocos nun dos poema, ou ordeando os versos do outro, nun tempo limitado.
Outros colaboraron poñendo pegadas negras no muro que está no hall do centro, como imaxe desa negra e pesada sombra coa que cargan os que teñen que dixar a súa terra.
Nestas presentacións podedes ver os elementos que se empregaron e a algún dos participantes.
Outros colaboraron poñendo pegadas negras no muro que está no hall do centro, como imaxe desa negra e pesada sombra coa que cargan os que teñen que dixar a súa terra.
Nestas presentacións podedes ver os elementos que se empregaron e a algún dos participantes.
Na entrada do instituto tamén se proxectou vídeo que vos deixamos aquí.