Saltar ao contido principal

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA.

A Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 acordou a celebración do Día Internacional da Lingua Materna, que se ven celebrando cada ano desde o 2000 o día 21 de febreiro para promover o plurilingüismo e a diversidade cultural.


A lingua materna é aquela en que os nenos aprenden a falar e a relacionarse co seu contorno máis próximo. A UNESCO quere impulsar o coñecemento e a práctica das linguas maternas de menos falantes tamén na escola, nos medios de comunicación, na internet... fóra dos ámbitos en que moitas delas quedan recluídas.
Cada ano escóllese un tema, par este 2019 é o Ano Internacional das Linguas Indíxenas. Os pobos indíxenas representan aproximadamente 370 millóns de persoas e falan a maioría das 7000 linguas vivas. E en palabras de Audrey Azoulay (Directora xeral da Unesco) enténdese que a linguas maternas "son esenciais para contruír a paz".
Nós queremos traer aquí unha preciosa iniciativa de Adriana Bado e Hugo Esquivel, dous deseñadores de México, creadores dunhas ilustracións con declaracións de amor en 10 linguas indíxenas.
Seguramente seguimos influídos pola experiencia dos maiores da residencia de maiores Domus Vi que nos visitaron o pasado 14 de febreiro para falarnos sobre os mitos do amor romántico.



Publicacións populares deste blog

Obradoiro o Galego en internet e nas redes sociais

Este obradoiro ten como finalidade  a reflexión  sobre o uso e o fomento do  idioma galego en internet e nas redes sociais, está deseñado para ó alumnado de Bacharelato por iniciativa dos Departamentos de Dinamización e a Biblioteca do centro. Está dirixido polo proxecto   ORGULLO GALEGO, que se definen a sí mesmos  como:    "Todos os galegos orgullosos do seu, da súa terra, da súa lingua, do seu pobo, da súa idiosincrasia e da súa historia ocultada e negada. Das paisaxes, da gastronomía privilexiada, e como somos e pensamos, das nosas tradicións e da nosa mitoloxía." Está previsto que teñan unha sesión de una hora os grupos de 1º de Bacharelato do centro o vindeiro martes, 6 de xuño en horario de tarde tal como podedes ver no cartel da convocatoria. obradoiro o galego nas redes de dinamización2019

OS TRABALLOS DO CONCURSO SOBRE A LINGUA GALEGA

  Dixamos aquí a exposición de traballos participantes no concurso sobre a Lingua Galega que podedes ver na Biblioteca do instituto. Desde aquí queremos felicitar a todos os participantes e animarvos a continuar a empregar a nosa lingua en distintos ámbitos da nosa vida. concurso de anuncios sobre o galego de Dinamización Sofía Casanova

Obradoiro de APODERAMENTO LINGÜÍSTICO

  O pasado venres 11 de novembro, catro alumnos e alumnas de 1º de bacharelato acudiron á terceira sesión do Obradoiro de Apoderamento Lingüístico. Desta volta, xuntouse alumnado de varios institutos de Ferrol. Foi unha xornada de convivencia ben produtiva. O alumnado formulou algúns dos atrancos cos que se atopa no seu día a día cando queren empregar a lingua galega e, por grupos de traballo, propuxeron moi boas ideas para tratar de os superar. Estas propostas expoñeránllelas ao resto de compañeiros e compañeiras nunha terceira xuntanza que se realizará o vindeiro martes 29 de novembro no IES Torrente Ballester. Estade atentos e atentas porque vos contaremos todo o traballo que realizaron. De momento, deixámosvos unhas imaxes do venres 11.