Saltar ao contido principal

TEATRO SEMANA DAS LETRAS GALEGAS


  Continuando coas actividades para a celebración do Día das Letras Galegas, o martes 28 de maio estreouse a obra "Unha praza, un banco e dous casoiros", adaptación de dous sainetes de José Cedena, e interpretada polo grupo de teatro do IES Sofía Casanova baixo a dirección de José Luis Paz. Débese salientar a colaboración doutros profesores para que a realización e representación fose posible: Melba Couto (na supervisión lingüística), Antía López (no deseño do cartel), Alberto Fuentes e Lucía (na realización do vídeo e a reportaxe fotográfica), así como a ANPA e Vily (no atrezzo, vestiario e maquillaxe).

Desde aquí queremos felicitar a todos, pero especialmente ao alumnado, que fixo un gran esforzo todo o ano, traballando con moito entusiasmo para esta ocasión. Dixamos aquí o reparto e un vídeo en que podedes ver a súa actuación.
Equipo artístico:
Picio : DIEGO PICOS.
Marcial: PABLO DORADO
Leandra : LAURA LÓPEZ.
Olvido / Faustina: MARÍA LÓPEZ.
Moza : SARA PENA
Anatolio : IVÁN VILA
Aniceto : ARÓN ESTÉVEZ
Vándalo do parque: ALDRYN RODRÍGUEZ
Leoncia / 1ª narradora: ANDREA RODRÍGUEZ
2º narrador/ Marcial : JAVIER SÁNCHEZ.
Encargados do telón: MARCELO FERNÁNDEZ e MIGUEL TRILLO


Unicamente nos resta felicitalos polo bo traballo realizado e o esforzo de facer tres representacións no día 28: 1ª función, 9.45-10.00, para 1º e 2º ESO; 2ª función, 12.00, para 3ª e 4º ESO; 3ª función, 16.30, para familias.

E unha función máis o día 30, ás 12.00, para o alumnado dos centros IES de Catabois e IES Ferrol Vello.

Publicacións populares deste blog

Obradoiro o Galego en internet e nas redes sociais

Este obradoiro ten como finalidade  a reflexión  sobre o uso e o fomento do  idioma galego en internet e nas redes sociais, está deseñado para ó alumnado de Bacharelato por iniciativa dos Departamentos de Dinamización e a Biblioteca do centro. Está dirixido polo proxecto   ORGULLO GALEGO, que se definen a sí mesmos  como:    "Todos os galegos orgullosos do seu, da súa terra, da súa lingua, do seu pobo, da súa idiosincrasia e da súa historia ocultada e negada. Das paisaxes, da gastronomía privilexiada, e como somos e pensamos, das nosas tradicións e da nosa mitoloxía." Está previsto que teñan unha sesión de una hora os grupos de 1º de Bacharelato do centro o vindeiro martes, 6 de xuño en horario de tarde tal como podedes ver no cartel da convocatoria. obradoiro o galego nas redes de dinamización2019

OS TRABALLOS DO CONCURSO SOBRE A LINGUA GALEGA

  Dixamos aquí a exposición de traballos participantes no concurso sobre a Lingua Galega que podedes ver na Biblioteca do instituto. Desde aquí queremos felicitar a todos os participantes e animarvos a continuar a empregar a nosa lingua en distintos ámbitos da nosa vida. concurso de anuncios sobre o galego de Dinamización Sofía Casanova

Obradoiro de APODERAMENTO LINGÜÍSTICO

  O pasado venres 11 de novembro, catro alumnos e alumnas de 1º de bacharelato acudiron á terceira sesión do Obradoiro de Apoderamento Lingüístico. Desta volta, xuntouse alumnado de varios institutos de Ferrol. Foi unha xornada de convivencia ben produtiva. O alumnado formulou algúns dos atrancos cos que se atopa no seu día a día cando queren empregar a lingua galega e, por grupos de traballo, propuxeron moi boas ideas para tratar de os superar. Estas propostas expoñeránllelas ao resto de compañeiros e compañeiras nunha terceira xuntanza que se realizará o vindeiro martes 29 de novembro no IES Torrente Ballester. Estade atentos e atentas porque vos contaremos todo o traballo que realizaron. De momento, deixámosvos unhas imaxes do venres 11.