Saltar ao contido principal

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

 

A Real Academia Galega acordou adicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2022 a Florencio Delgado Gurriarán considerando varios aspectos: en primeiro lugar a súa obra poética, en segundo lugar a súa defensa e militancia a prol dos valores democráticos.  nun tempo adverso,  que el mantivo acesos mesmo nas angosturas do desterro. Así como a súa defensa e admiración polas terras de Valdeorras, o seu compromiso coa súa cultura, as tradicións, o patrimonio histórico (material e inmaterial) e lingua da nosa terra.
Desde  este blog queremos propoñer varias actividades para dar a coñecer a este autor e a súa obra.
Para informarnos:
- Podemos atopar unha morea de datos e fotografías no corredor de abaixo na exposición que leva por título Primavera das letras.
- Para coñecer distintos aspectos da vida e obra de Florencio Delgado preparamos unha páxina web na que recompilamos recursos cos que podedes traballar.
Para participar: Temos convocados dous concursos:
- Un de marcapáxinas en papel e en formato dixital.
- Outro de podcast para falar do autor ou ler algún dos seus poemas.

Na imaxe están as bases.
Na biblioteca podedes recoller material para facer marcapáxinas e un dossier con poemas de Florencio Delgado para facilitar a vosa participación nas iniciativas destas semanas que dedicaremos a festexar a Lingua Galega.

Publicacións populares deste blog

Obradoiro o Galego en internet e nas redes sociais

Este obradoiro ten como finalidade  a reflexión  sobre o uso e o fomento do  idioma galego en internet e nas redes sociais, está deseñado para ó alumnado de Bacharelato por iniciativa dos Departamentos de Dinamización e a Biblioteca do centro. Está dirixido polo proxecto   ORGULLO GALEGO, que se definen a sí mesmos  como:    "Todos os galegos orgullosos do seu, da súa terra, da súa lingua, do seu pobo, da súa idiosincrasia e da súa historia ocultada e negada. Das paisaxes, da gastronomía privilexiada, e como somos e pensamos, das nosas tradicións e da nosa mitoloxía." Está previsto que teñan unha sesión de una hora os grupos de 1º de Bacharelato do centro o vindeiro martes, 6 de xuño en horario de tarde tal como podedes ver no cartel da convocatoria. obradoiro o galego nas redes de dinamización2019

OS TRABALLOS DO CONCURSO SOBRE A LINGUA GALEGA

  Dixamos aquí a exposición de traballos participantes no concurso sobre a Lingua Galega que podedes ver na Biblioteca do instituto. Desde aquí queremos felicitar a todos os participantes e animarvos a continuar a empregar a nosa lingua en distintos ámbitos da nosa vida. concurso de anuncios sobre o galego de Dinamización Sofía Casanova

Obradoiro de APODERAMENTO LINGÜÍSTICO

  O pasado venres 11 de novembro, catro alumnos e alumnas de 1º de bacharelato acudiron á terceira sesión do Obradoiro de Apoderamento Lingüístico. Desta volta, xuntouse alumnado de varios institutos de Ferrol. Foi unha xornada de convivencia ben produtiva. O alumnado formulou algúns dos atrancos cos que se atopa no seu día a día cando queren empregar a lingua galega e, por grupos de traballo, propuxeron moi boas ideas para tratar de os superar. Estas propostas expoñeránllelas ao resto de compañeiros e compañeiras nunha terceira xuntanza que se realizará o vindeiro martes 29 de novembro no IES Torrente Ballester. Estade atentos e atentas porque vos contaremos todo o traballo que realizaron. De momento, deixámosvos unhas imaxes do venres 11.