Este ano non tivemos tempo de organizar a festa de entroido debido ás múltiples actividades que se programaron durante o mes de febreiro e para a primeira semana de marzo, que aglutinará as propostas para celebrar o Día da Muller Traballadora. Aínda así, o alumnado quixo facer desta data algo especial e moitos asistiron con disfraces. Por esa razón quixemos deixar aquí información sobre as variadas formas de entroido tradicional da nosa comunidade. Esperando que sirva de inspiración para próximos anos.
O entroido celébrase en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións. Os máis coñecidos son os entroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de festas de interese turístico nacional.