Saltar ao contido principal

CONCERTO MOCIDADE COA LINGUA.

O grupo musical do noso centro , Son do Sofía,
vén de participar no concerto A Mocidade coa lingua, celebrado hoxe no Auditorio de Ferrol. O alumnado participou con dúas pezas: "Danzas do tempo" baseado nun poema de Luísa Villalta e Bela dona. Foi unha actuación espectacular. Parabéns para todos e tamén para as profesoras de música e lingua galega que traballaron cos artistas.

Publicacións populares deste blog

CERTAME LITERARIO CARMELA LOUREIRO

Esta é unha nota para comunicarvos que está en marcha a V edición do Certame literario Carmela Loureiro , convocado por o Concello de Ferrol e a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra (CENL). Establécense catro categorías na modalidade de microrrelatos, catros categorías na modalidade de micropoesía: e unha categoría na modalidade de microteatro.   1 Modalidade de microrrelatos Categoría A: 5º e 6º educación primaria Categoría B 1º e 2º de ESO. Categoría C: 3º e 4º de ESO. Categoría D: bacharelato e ciclos formativos. 2 Modalidade de micropoesía Categoría A: 5º e 6º educación primaria Categoría B 1º e 2º de ESO. Categoría C: 3º e 4º de ESO. Categoría D: bacharelato e ciclos formativos. 3 Modalidade de microteatro Categoría D: bacharelato e ciclos formativos O prazo para entregar os traballos en cada centro na fase interna remata o venres 14 de decembro de 2018 e para a fase intercentros, é dicir, a entrega ao Concello dos traballos seleccio

FESTA DOS MAIOS

Nos últimos anos estamos a consolidar no Sofia Casanova a recuperación da festa dos Maios, sabendo que na nosa cidade ten un grande impacto desde que o barrio de Canido tomara a iniciativa de actualizar esta festa facendo decoracións florais nas súas rúas e comercios. Esta gaña cada ano en participación e acollida da cidadanía. Pola nosa banda, fixemos na entrada do Instituto, o noso Maio coas achegas de plantas e flores recollidas polo alumnado e o profesorado. Na confección implicáronse particularmente a Biblioteca o e os Departamentos de Dinamización, Orientación e o de Bioloxía. Tamén queremos agradecer a inestimable axuda dos pais e nais da ANPA, coa súa presidenta que sempre está disposta a botar unha man en calquera iniciativa. As familias colaboran no Maio. Dentro de pouco celebraremos tamén co Voluntariado da Biblioteca e os anciáns da residencia Domus VI  esta mesma festa, artellando dous Maios, pois un quedará no noso centro e o outro vai para a residencia. Xuntarémonos d

CONCURSO DE DECORACIÓN DE PORTAS DO SAMAÍN

  Con motivo da celebración do Samaín e para animar a toda a comunidade a disfrutar deste tempo de relatos e contos de terror, queremos invitarvos a decorar as portas das aulas do centro con adornos que fagan referencia a esta festa ou a relatos terroríficos propios da nosa cultura galega, por este motivo  animámosvos a engadir nas portas, frases de algún relato ou conto propio destas datas. Desde este venres 21 de outubro ata o  4 de novembro, está aberto o prazo para decorar as portas das aulas. Un xurado composto polo Equipo de Dinamización Lingüística do centro elexirá a mellor.  O premio será colectivo para os membros da aula gañadora. Só nos resta desexarvos un bo Samaín, cheo de lecturas terroríficas. Preme aquí para ver algúnha idea.