Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2018

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

O día 26 de setembro celebramos o día europeo das linguas. Por iniciativa do Consello de Europa, desde o ano 2001 celébrase o Día Europeo das Linguas para poñer en valor a diversidade lingüística da UE e para promover a aprendizaxe de idiomas entre a cidadanía do Vello Continente. Con esta celebración tentamos acadar os seguintes obxectivos Destacar a importancia da aprendizaxe de linguas e diversificar a variedade de idiomas que se aprenden co obxectivo de incrementar o plurilingüismo e a comunicación intercultural. Promover a riqueza da diversidade lingüística e cultural de Europa, que debemos preservar e potenciar. Promover a aprendizaxe permanente de linguas tanto dentro como fóra dos centros educativos. Deixámosvos unha experiencia do IES David Buján de Cambre , do curso pasado no que se deron a coñecer textos en 36 linguas europeas. Esperando que sexamos quen de recoñecer a riqueza da nosa diversidade cultural e lingüística, animámosvos a que lle votedes un ollo a est