Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2019

LETRAS GALEGAS 2019

Ao longo de este curso levamos traballando desde o EDL do centro en estreita colaboración coa biblioteca, o Departamento de Actividades Extraescolares e o Departamento de Orientación, e unha vez inoformado a través  das titorías, sobre diversas propostas e materiais con que traballar as efemérides que marca o calendario escolar. Así pois, e como non podía ser doutro xeito, a celebración do Día das Letras Galegas tivo aquí o seu espazo. Non obstante, e con ánimo de deixar tempo ás múltiples actividades desenvolvidas no centro,  trasladouse esta celebración para finais de maio, semanas en  que se expoñerán traballos e se levará a cabo  unha representación teatral a cargo do grupo de teatro do instituto. Por parte de este equipo difundiuse o traballo dos participantes no certame XVIII POESÍA E IMAXE. EN GALEGO, SEN FILTRO, correspondente ao ano 2018, realizando  unha exposición de carteis no corredor do centro. Colocamos, así mesmo, os paneis sobre Antón Fraguas ao que se ded

ENTREGA DE PREMIOS XIX POESÍA E IMAXE. EN GALEGO, SEN FILTRO.

O pasado 29 de abril fixose entrega, no Torrente Ballester, dos premios do certame XIX POESÍA E IMAXE. EN GALEGO, SEN FILTRO. Entre os agraciados están as nosas compañeiras:                                         -Estela Pena Hermida de 1º de Bacharelato .                   -Gloria López Beade de 4º da ESO Aquí deixamos algunhas fotos que fixemos e outras que publicou na súa páxina a   Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra .