Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2019

TEATRO SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

   Continuando coas actividades para a celebración do Día das Letras Galegas , o martes 28 de maio estreouse a obra "Unha praza, un banco e dous casoiros", adaptación de dous sainetes de José Cedena, e interpretada polo grupo de teatro do IES Sofía Casanova baixo a dirección de José Luis Paz. Débese salientar a colaboración d outros profesores para que a realización e representación fose posible: Melba Couto (na supervisión lingüística), Antía López ( no deseño do cartel ) , Alberto Fuentes e Lucía (na realización do vídeo e a reportaxe fotográfica), así como a ANPA e Vily (no atrezzo, vestiario e maquillaxe). Desde aquí queremos felicitar a todos, pero especialmente ao alumnado, que fixo un gran esforzo todo o ano, traballando con moito entusiasmo para esta ocasión. Dixamos aquí o reparto e un vídeo en que podedes ver a súa actuación. Equipo artístico: Picio : DIEGO PICOS. Marcial: PABLO DORADO Leandra : LAURA LÓPEZ. Olvido / Faustina: MARÍA LÓP