Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2022

V Premio Vidal Bolaño 2022

  Este certame nace pola necesidade de fomentar a escrita de textos teatrais dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato. Por iso, o Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia, convocan este certame coa finalidade de crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados por alumnado do ensino secundario.” BASES 1.Poderán concorrer ao Premio todas as persoas que o desexen, de calquera nacionalidade, con textos teatrais inéditos e non premiados noutros certames, que estean escritos en lingua galega. 2.As OBRAS serán de temática e extensión libre, aínda que hai que ter en conta que van ser interpretadas por alumnos e alumnas de entre 12 e 18 anos. 3.Cada autor/a poderá presentar máis dunha obra. 4.O PREMIO constará de 2.000 euros, suxeitos ás retencións fiscais correspondentes, e que computarán en concepto de adianto de dereitos de autoría, un diploma acreditativo e a edición e publicación da obra gañadora a cargo da EDITORIAL GALAXIA. Para tal efecto a

Día das Artes Galegas 2022

  O 1 de abril celebramos o Día das Artes Galegas e a Real Academia Galega de Belas Artes dedica este ano ó pintor Laxeiro . Unha figura moi importante da cultura galega do século XX pola súa achega á renovación e á vangarda nas artes. O seu impacto no mundo da creación artística segue a ser incuestionable, tanto dentro como fóra das nosas fronteiras. Este prolífico autor pertence a un grupo de novos artistas que reaccionaron contra o costumismo rexionalista e conectaron coa arte internacional do momento, dirixindo a súa mirada cara ás culturas do norte de Europa, dende unha idea de Galicia entendida como o límite cara ao sur da Europa atlántica, conectada por séculos de intercambio a través do Camiño de Santiago. En palabras de Antón Castro “ U n punto de encontro  maduro do tradicional co moderno”. A sús pintura mestura influencias das Pinturas negras de Goya e o cubismo para expresar a  súas preocupacións polos temas telúricos, a medio camiño entre a Galicia máxica, o esperpento.