Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta PANDEMIA DE AMOR

PANDEMIA DE AMOR

Coincidindo cos día da Candeloria e  14 de febreiro, desde os departamentos de Orientación, Dinamización lingüística e da Biblioteca, fixemos unha proposta de actividade para ler ou escribrir poemas de amor. Para o que deixamos un cartel na entrada do centro e todos os profesores que o desexaran,coa axuda do alumnado das súas clases,poderían ler ou escribir poemas no cartel. Na mesa tamén deixamos folios con textos en varios idiomas, así como rotuladores, ceras de cores e materiais para que todos fixesen as súas achegas e así completar o cartel da Pandemia de amor,  facendo os seus propios versos, reproducindo os dun autor ou facendo lettering, esta forma de caligrafía decorativa que está tan de moda entre o noso alumnado. Aquí deixamos alguhas fotos do proceso.