Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2023

CONCERTO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023

   Deixamos por aquí algunha das actividades que o alumado do IES Sofía Casanova realizou para celebrar esta importante data en defensa da nosa lingua e da nosa cultura galega. Queremos destacar o concerto realizado polo grupo formado por Xoán Padín como voz e guitarra, Luisa Sánchez e Pedro Montilla ao violín.Ofrecéronnos versións orixinais de poemas de Rosalía ( "Soia","Xan"ou "Daquelas que cantan as pombas" entre outros e de Pondal " Combate de Dumbría" que puxo fin ao repertorio.Finalmente acompañados pola gaita de Mario Bouza, un dos nosos alumnos de 4ª da ESO, entoamos o Himno galego. Cómpre salientar o labor de Xoán Padín, docente do noso centro, que traballou na inclusión de distintos talentos e capacidades co alumnado de varios cursos da ESO. O resultado foi este boísimo concerto que todos puidemos gorentar o día 16. 

ENTREGA DE DIPLOMAS OBRADOIRO DE BAILE GALEGO.

 Velaquí outra das actividades realizadas para celebrar o Día das Letras galegas. Despois de acudir ao concerto no salón de actos, o alumnado de 3º da ESO, acompañados pola súa profesora Rosa, recibiron unhas clase de iniciación ao baile galego, impartidas por Alba profe de Tics . A actividade resultou moi divertida e o alumnado entregouse desde o primeiro momento.Recibiron como agallaso conmemorativo uns diplomas que estes días puideron recoller na biblioteca do centro . 

CONCERTO DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

 O vindeiro martes 16, véspera do Día das Letras Galegas , ás 16.30 horas, celebraremos un concerto no salón de actos do centro. O grupo formado por Xoán Padín (profe do centro) como guitarra e vocalista; Luisa Sánchez (presentadora e cantante) e Pedro Montilla ao violín, interpretarán versións orixinais de poemas de Rosalía, Pondal etc., en diferentes estilos.Nalgunhas pezas estarán acompañados por algúns artistas que forman parte do noso alumnado. Seguro que será unha xornada perfecta para gozar coa nosa música e as nosas letras.

DOCUMENTAL SOBRE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

Para preparar a celebración do Día das Letras Galegas 2023 nas distintas áreas, estivemos a traballar co alumnado de todos os cursos da ESO, con diferentes materiais que temos recompilados na páxina web que sempre poñemos á dispición de toda a comunidade educativa, para que podan elixir entre unha grande variedade de recursos para dar a coñecer a obra e o autor ó que se lle dedica esta xornada. Neste caso a profesora de Lingua Galega, baixou co alumando de 3º da ESO, para asistir á proxección dun documental  que repasa a vida e o legado de Francisco Fernández del Riego . Trátase dunha proposta de José A. Vázquez Taín narrada por Luís Iglesia. Elaborado pola produtora Amarola para a Xunta de Galicia. DOCUMENTAL NA BIBLIOTECA de dinamización2019

OS TRABALLOS DO CONCURSO SOBRE A LINGUA GALEGA

  Dixamos aquí a exposición de traballos participantes no concurso sobre a Lingua Galega que podedes ver na Biblioteca do instituto. Desde aquí queremos felicitar a todos os participantes e animarvos a continuar a empregar a nosa lingua en distintos ámbitos da nosa vida. concurso de anuncios sobre o galego de Dinamización Sofía Casanova

O MAIO DO SOFÍA 2023

O MAIO DO SOFÍA 2023

Como cada ano, vimos de celebrar a festa dos Maios no noso centro. Este curso contamos coa participación de diversos Departamentos ós que lles queremos agradecer o esforzo e o traballo realizado. O Departamento de Bioloxía fixo saídas cos rapaces do primeiro ciclo da ESO para identificar e recoller pólas, flores e plantas coas que compoñer o Maio. Os Departamentos de Galego e Música ensaiaron co alumnado o recitado do poema,  Aí vén o Maio ! de Curros Enríquez, e  por outra banda, fixeron un esforzo en aprenderlle ó alumnado cancións populares durante esta semana, co obxectivo de poñer en valor a oralidade e a música tradicional galega. Outros Departamentos como os de Orientación, Dinamización, A. Extraescolares e a Biblioteca, tamén colaboran na montaxe, na difusión nos blogs e redes e na articulación da actividade para toda a comunidade educativa.  Nesta data  tiñamos previsto facer o Maio en colaboración co grupo de Voluntariado da Biblioteca pero por causas alleas a nós,  non puide

A FESTA DOS MAIOS

Para animar a participación do noso alumnado este ano na festa dos maios, deixamos aquí a nosa páxina web onde podedes atopar información sobre esta celebración, a súa orixe, a construción do maio, etc. Tamén deixamos o tríptico coas cancións e poemas que este ano está a ensaiar o alumnado do primeiro ciclo da ESO, nas clases de Lingua Galega e na materia de Libre disposición. FESTA DOS MAIOS 2023 de Dinamiazión Sofía Casanova. Pica na imaxe para ver a nosa web.