Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2020

BICOS E APERTAS NO NADAL

Como cada ano os Departamentos de Actividades Extraescolares, Dinamización Lingüística, Orientación e a Biblioteca fixemos unha proposta conxunta de actividades para decorar a nosa árbore de Nadal. Polo que como outros anos, pedimos a colaboración dos titor@s e profesor@s da ESO.  Neste tempo de pandemia que nos limita o contacto, entendemos que o agasallo que todos desexariamos recibir serían os bicos e apertas dos nosos seres queridos. Con este lema “Bicos e apertas polo Nadal” decidimos completar unhas tarxetas como as da imaxe, que puxemos a disposición dos titores; nelas podíanse engadir. Unha imaxe persoal na que estivesemos bicando ou abrazando a algún ser querido. Una fotografía dun bico icónico dalgunha película, dun cómic, libro ou dunha obra de arte. Un texto describindo unha escea de bicos e apertas dunha película o dunha obra literaria. Por outra banda, o alumnado que así o quixo, fixo adornos para a árbore en forma de corazóns, estrelas e mans de cartolina ve

VII CERTAME CARMELA LOUREIRO

  Como cada ano e xa van sete, o Concello de Ferrol e a Coordenadora de equipas de normalización lingüística de Ferrolterra convocan o certame literario Carmela Loureiro. Hai tres modalidades de participación: microrrelatos, micropoesía e microteatro. Compartimos as bases para que vos animedes a participar. Primeiro haberá unha fase interna para escoller os traballos que pasen á fase intercentros. Os premios da fase intercentros será unha tablet por modalidade e categoría de participación. Así que podedes adicar o Nadal a escribir só un pouquiño... bases certame