Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2022

DÍA DA LINGUA MATERNA

A UNESCO instituíu en 1999 o Día Internacional da Lingua Materna, decisión que a Asemblea xeral de Nacións Unidas apoiou no 2002. Desde entón, celébrase cada 21 de febreiro para promover o multilingüismo e a diversidade cultural. Esta data estableceuse para sensibilizar acerca da importancia dos idiomas e da función vital que desempeñan no desenvolvemento, ao garantir a diversidade e o diálogo intercultural, así como o fortalecemento da cooperación e a consecución da educación de calidade para todos, a construción de sociedades do coñecemento integradoras e a preservación do patrimonio cultural. A Xunta de Galicia celebrou onte, domingo, o Día da lingua materna para favorecer a participación dos nenos e nenas e as súas familias. No acto institucional contaron coa presenza das Tanxugueiras e do grupo de música infantil Trotaventos. Deixamos aquí uns vídeos para que cantedes e disfrutedes con eles na nosa lingua, conscientes que esta non é unicamente un instrumento de comunicación senon

DÍA MUNDIAL DA RADIO

O día 13 de febreiro celébrase o Día mundial da Radio, desde que o propuxo a ONU no 2012. O obxectivo desta efeméride é facer da radio un medio interactivo que propicie o debate para tratar distintos temas que interesan ás comunidades. Este é un medio que lonxe de esmorecer ten cada día máis vigor. Pola súa inmediatez e diversidade e pola capacidade que ten cos avances técnicos actuais para chegar a lugares remotos. No instituto estamos moi contentos de ter a posibilidade de facer radio desde o centro, e o 14 de febreiro procederemos a inauguración oficial da radio do IES Sofía Casanova. Desde aquí queremos invitar a toda a comunidade a participar facendo propostas de programas de radio da temática que vos interese. Para organizarnos pedimos a todos e todas que vos apuntedes na biblioteca, comunicando cantas persoas compoñen o programa e cales son os obxectivos , o tema elixido e a duración aproximada. Tamén queremos dotar a nosa radio dun logotipo para o que temos convocado un concurs

DÍA DE ROSALÍA

O 23 de febreiro, data do aniversario de Rosalía de Castro a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) fai diferentes suxestións e neste curso están relacionadas cos pensamentos, que son as flores favoritas da autora co lema #SementadePensamentos. Desde os Equipos de Dinamización, Orientación, A. Extraescolares e Biblioteca, queremos facer efectiva estas accións nas titorías adaptadando as porpostas por esta entidade. 1.- Actividades nas titorías de 1º e 2º da ESO O alumnado terá que copiar algún verso ou algún dos poemas de Rosalía dentro dos pétalos das flores coma a da imaxe, que os titores poden recoller na biblioteca. E unha vez rematados e decorados podedes deixalos na mesa da entrada do centro. Os poemas cos que traballaresmos son os que vos deixamos neste enlace. 1- D’aqueles que cantan as pombas y as frores Todos din que teñen alma de muller 2- E ben, ¿para que escribo 3- O fondo sin fondo d’o meu pensamento 4- ¿Que pasa ó redor de min? 5- Nada pod

Bases reguladoras do certame literario, CARMELA LOUREIRO

  Estando pendentes da publicación das datas para a participación no certame literario Carmela Loureiro, deixamos aquí as bases reguladoras para que vos podades informar e vos animedes a participar.

XXII CERTAME DE CREACIÓN ARTÍSTICA POESÍA E IMAXE EN GALEGO, SEN FILTRO

Como cada ano queremos animar a vosa participación nos certames literarios que se organizan na nosa contorna. Por isto queremos darlle publicidade á convocatoria do Certame de creación artística Poesía e Imaxe EN GALEGO, SEN FILTRO. Organizado pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra(CENL). As bases da XXII edición deixámolas a continuación. Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe from cenlf        Poemas 2022 from cenlf