Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2021

DIA DA MULLER

Ola compañeir@s. O  8 de marzo é  o Día Internacional da Muller , este curso debido as medidas do protocolo Covid do centro tivemos que adaptar as celebracións e actividades desta xornada. Nas distintas áreas os responsables e os titores puxeron en práctica moitas iniciativas pero hoxe queremos deixarvos a que encheu de carteis a entrada e os corredores do centro. O Alumnado da ESO e Bacharelato das materias de TIC 4º, TIC I e TIC II, coordinados polo Departamento de Tecnoloxía, decidiron participar no: IV CONCURSO DE CARTEIS 8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER , convocado pola Secretaría Xeral de Igualdade    ( XUNTA DE GALICIA) O enxeño e a creatividade do noso alumnado deu como resultado uns carteis de gran calidade e vistosidade nos que se abordaron moitos dos temas da actualidade como é o caso destes dous que son os máis comentados entre os artistas que participaron. Para que vexades o resultado deixamos unha presentación. Queremos aproveitar para felicitar o traballo deste alumnado

XXI CERTAME DE CREACIÓN ARTÍSTICA POESÍA E IMAXE EN GALEGO, SEN FILTRO

Ola compañeir@s. Este ano e pese a que estamos en tempo de pandemia, queremos recordarvos os certames literarios que se organizan na nosa contorna. Por isto queremos darlle publicidade  á convocatoria do Certame de creación artística Poesía e Imaxe EN GALEGO, SEN FILTRO. Organizado pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra(CENL). As bases da XXI edición deixámolas a continuación .