Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2021

CANTIGAS DE SANTA MARÍA AFONSO X E A TRADICIÓN ORAL NO NADAL.

No pasado a narración oral mantivo vivos os contidos de innumerables áreas do coñecemento. Por iso non é nada despreciable a súa eficacia como axente cultural e máis que recomendable a súa preservación como parte do noso patrimonio inmaterial. Mediante contos, romances, lendas, cancións, adiviñas, oracións, esconxuros, refráns, achegaron a nós saberes e experiencias valiosas do pasado para esta sociedade. Poñer en valor estas achegas á nosa cultura da tradición oral é o obxectivo da biblioteca escolar ao longo de todo este curso.                   Co lema  “ As bibliotecas escolares toman a palabra” iniciamos esta andaina, por isto e na medida do posible, tentaremos facer fincapé nas actividades que nos permitan afondar na divulgación dá nosa cultura oral, por distintos medios como a radio escolar, proxecto que estamos poñendo a andar con gran ilusión.  Esta ocasión do Nadal é perfecta para poder afondar na tradición oral en distintas linguas por medio das panxoliñas.