Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2021

VII CERTAME LITERARIO CARMELA LOUREIRO

O Concello de Ferrol e a Coordenadora de Equipas de normalización Lingüística de Ferrolterra (CENL) convocan o VII Certame literario Carmela Loureiro como homenaxe a unha muller,profesora en Ferrolterra, presidenta da CENL durante anos, que dedicou o seu tempo e o seu saber á lingua e aos máis novos. A súa traxectoria persoal e profesional é un exemplo do labor anónimo exeneroso de moitos profesionais do ensino na difusión da cultura e do idioma entre a mocidade. Este certame rexerase polas seguintes bases; 1- Poderá participar todo o alumnado dos centros de ensino non universitario do Concello de Ferrol e daqueles centros da comarca que forman parte da CENL, sempre que estean matriculados nalgún dos cursos correspondentes ás distintas categorías establecidas neste certame. 2- O certame presenta tres modalidades: 1) Modalidade de microrrelatos 2) Modalidade de micropoesía 3) Modalidade de microteatro (só para a categoría de bacharelato e ciclos formativos). 3- Na modalidade de microrr