Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2022

Día da ILUSTRACIÓN e Día da PAZ e a non Violencia 2022

O Día da Ilustración, instaurouse no 2014, o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Alfonso R. Castelao. Nesta data tradicionalmente celebramos o Día Escolar da Paz e a non Violencia. Con ese motivo, e dado que este ano a nosa bilioteca está a insistir na conservación do patrimonio oral, queremos unir estes tres obxectivos nunha actividade que consistirá na ilustración de poemas e cancións que falen da non violencia e a paz. Temos convocado un concurso para o que vos deixamos as bases a continuación e que está nos carteis que vedes polos corredores do centro. Animádevos a participar ilustrando de xeito creativo un anaco de texto ou unha canción coñecida ou unha composición orixinal, con caligramas, haikus, collage, cómic, ou un debuxo . Pica na imaxe As composicións entréganse na biblioteca na que tamén podedes recoller material e consultar as bases. A data límite das achegas é o día 4 de febreiro, e o 25 farase entrega dos premios na entrada do centro. Deixamos aquí algunha