Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS, 2020: ANO CARVALHO CALERO

Aínda que a celebración oficial da Real Academia trasládase a outubro, a causa da pandemia, non podemos deixar de honrar e espallar a figura do noso escritor  Ricardo Carvalho Calero. Entre a multitude de material publicado sobre o profesor Carvalho Calero compartímosvos aquí unhas mostras para que coñezades máis de cerca a vida e obra do escritor ferrolán a quen se homenaxea o próximo 17 de maio, no Día das Letras Galegas. No proxecto "As pitas baixo a choiva " baseado no relato homónimo do escritor, participou o Coro do Sofía. Compartimos tamén unha unidade didáctica cun cuestionario moi faciliño par achegarnos de maneira rápida a aspectos importantes de don Ricardo. Pola nosa banda creamos un challenge-desafío de Kahoot para xogar ese día ou antes do luns 18 de maio, ás 12 PM.  PIN KAHOOT 02153622 .  Pica na imaxe para xogar. Podedes botarlle un ollo tamén ó proxecto " As pitas baixo a choiva " promovido pola   Coordenadora de Equipas de Normaliz