Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2022

LABORATORIO DE EMPODERAMENTO LINGÜÍSTICO

Rematamos esta semana as sesións do Laboratorio de apoderamento lingüístico. A próxima sesión será un encontro intercentros cos participantes neste programa piloto. Reunirémonos o vindeiro 11 de novembro para seguir apoderándonos e empoderando a nosa lingua.

RECITADO CARVALHO CALERO

 Despois do parón da pandemia, por fin voltamos a reunirnos para homenaxear a Carvalho Calero. Coma sempre, seguindo as iniciativas da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra acudimos a este acto celebrado o 25 de outubro no centro Carvalho Calero de Ferrol. Nesta ocasión ,os nosos alumnos de 1º da ESO A representaron ao noso centro compoñendo unhas adiviñas sobre a vida e obra do autor. Xuntámonos con outros centros da cidade e contorna que recitaron,leron  e bailaron textos e cancións galegas.Todos pasamos un grato momento coa nosa lingua por bandeira.

CONCURSO DE DECORACIÓN DE PORTAS DO SAMAÍN

  Con motivo da celebración do Samaín e para animar a toda a comunidade a disfrutar deste tempo de relatos e contos de terror, queremos invitarvos a decorar as portas das aulas do centro con adornos que fagan referencia a esta festa ou a relatos terroríficos propios da nosa cultura galega, por este motivo  animámosvos a engadir nas portas, frases de algún relato ou conto propio destas datas. Desde este venres 21 de outubro ata o  4 de novembro, está aberto o prazo para decorar as portas das aulas. Un xurado composto polo Equipo de Dinamización Lingüística do centro elexirá a mellor.  O premio será colectivo para os membros da aula gañadora. Só nos resta desexarvos un bo Samaín, cheo de lecturas terroríficas. Preme aquí para ver algúnha idea.

SAMAÍN 2022

 Ola a todas as ánimas!   Un ano máis estamos a deseñar  actividades para celebrar o  Samaín, Noite de Santos e a tempada de medo. Aquí podedes consultar os diferentes concursos organizados arredor desta temática.  Animádevos a participar ! CONCURSO DE RELATOS                           CONCURSO DE VÍDEOS. Xa estamos tremendo de medo!!!