Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2019

RECICLANDO E DINAMIZANDO NO SOFÍA

Ola a todos! Esta semana traballamos todos moito e arreo. Para felicitar o Nadal, decoramos unha árbore con adornos reciclados (tapóns de plástico, cartóns, vasos, etc). Colaboraron moitos departamentos: a Biblioteca, O Espazo maker, os titores coordinados por Orientación e o Equipo de Actividades extraescolares. Por  outra banda, o alumnado de diferentes cursos, felicitounos as festas escribindo unhas postais plurilingües con bos propósitos para coidar o planeta que está pasando un mal momento e precisa a concienciación e o compromiso de todos .   Todo isto podedes visitalo na entrada do centro, pero tamén vos deixamos aquí unhas imaxes. Agradecemos a implicación de todos e desexámosvos un  BO NADAL!