Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2019

CERTAME DE RECITADO DE POESÍA CARVALHO CALERO

Ola a todos!   Informámosvos de que mañá mércores 30 de outubro, o alumnado de 1º D da ESO do noso centro, participará no Certame de recitado de poesía Carvalho Calero, irganizado pola Coordinadora de Equipas de Dinamización lingüística de Ferrolterra. O acto terá lugar no centro Torrente Ballester, a partir das 11.30. Moita sorte aos participantes e pasádeo moi ben.

FESTAS DO SAMAÍN 2019-2020

Ola compañeiros! Nestas días de outono  estamos a preparar  unha exposición de cabazas para celebrar o tempo do Samaín. En posteriores entradas iremos informando das actividades que se van realizando. Temos pensado facer o tradicional magosto se vos animades a participar. De momento deixamos aquí o cartel do obradoiro de decoración de cabazas  que se vai celebrar entre os días 4 e 8 de novembro. E tamén queremos invitarvos a participar no certame literario de relatos de terror convocado polo equipo de Dinamización lingüística e o da Biblioteca do centro. Podedes consultar as bases nos carteis anexos e tamén nos carteis impresos dos corredores. Fagamos un Samaín de medo!!!

SAMAÍN TERRORÍFICO

Co gallo da celebración do Samaín, imos convocar un concurso de relatos de terror. Pon a túa imaxinación a funcionar e anímate a participar e meternos o medo no corpo. Aquí podedes ver as bases.