O 11 de febreiro celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Este ano o lema é: "Máis aló das Fronteiras: Igualdade na Ciencia para a Sociedade". A comunidade internacional vén de facer un gran esforzo para promover a participación das mulleres e as nenas na ciencia. Aínda así a brecha de xénero nos sectores da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas ( STEM) persiste en todo o mundo. Por este motivo desde os centros educativos póñense en marcha inicaciativas como a da Universidade de Vigo, na que ó longo do mes de febreiro, un total de 32 investigadoras e un investigador ofreceranlles a 34 centros educativos de toda Galicia 70 charlas virtuais sobre o seu traballo e sobre o papel da muller na ciencia e na tecnoloxía. O noso instituto participou, recibindo a conferencia dunha antiga alumna do noso centro: Dna; Francisca Rivera Fariña . Catedrática de Psicoloxía Básica e Psicoloxía Xurídica do Menor é Investigadora Principal do Grupo PS1 (P