Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2020

O SAMAÍN EN TEMPOS DE PANDEMIA

  Ola a tod@s! Esta semana no noso instituto estivemos algo ocupados coas celebracións do Samaín. Sentimos que estando nun tempo de dificultade e de ánimo baixo por mor da pandemia da Covid 19,  é máis necesario que nunca  que o noso curso continúe coas actividades que se programaban todos os anos como é o caso do Samaín.  Queremos traballar coa maior normalidade posible coa  ledicia  de esta festa tradicional celta, para lembrar que esta non é unha celebración importada de América se non que fomos nós, os pobos celtas do norte de Europa, os que  levamos alá esta xornada dedicada ós antepasados mortos. Estamos seguros que manter a tradición oral de relatos e contos de medo desta xornada está dentro dos obxectivos deste e de calquera Departamento de Dinamización Lingüística. Precisamente para animar a participación do alumnado nesta xornada, fixemos en colaboración coa Biblioteca do centro e outros Departamentos Didácticos como o de Educación Plástica e Visual, unha ampla e variada prop

PREPARANDO O SAMÍN 2020

 Ola a tod@s! Benvidos a este novo curso que iniciamos com moita forza e esperanza. Neste ano tan atípico non queremos conformarnos nin   rendirnos ante esta pandemia e por iso queremos buscar fómulas para seguir a celebrar as nosas festas coas restricións que nos impón o protocolo da Covid 19 do noso instituto.  Estamos a tratar de celebrar o Samaín de algún xeito, iremos dando pistas, estade atentos.