Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2021

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE MARCAPÁXINAS 3D

  Entrega de premios do concurso de marcapáxinas 3D. PROXECTOS MARCAPÁXINAS Este venres 18 de xuño, fíxose entrega dos premios do concurso de marcapáxinas 3D que realizarou o Departamento de Tecnoloxía do instituto, con motivo do Día das Letras Galegas.  O alumando da área de distintos cursos participou nesta actividade facendo diseños de marcapáxinas para  imprimir en 3D. Todos os proxectos foron publicados na nosa páxina que podedes ver se picades a imaxe. Como informan as súas profesoras non foi posible imprimir todos os modelos presentados, pero fíxose unha exposición na entrada do centro coa maioría deles. A participación foi moi elevada e o talento do alumnado  quedou patente na variedade de propostas presentadas.  A profesora Pilar Vázquez, coordinadora do Equipo de Dinamización Lingüística do noso instituto, foi a encargada de facer entrega dos premios ós gañadores: ICÍA RODRÍGUEZ PAZ /1º BACH F. ANTÓN RÍO YÁÑEZ / 1º BACH A. ESPERANZA HERNÁNDEZ TEIJERIO/ 1º  BACH A. Desde aquí

ENTREGA DE PREMIOS CERTAME "POESÍA E IMAXE"-FASE INTERNA

  Esta semana entregáronse os premios da fase interna do certame "Poesía e imaxe".En galego sen filtro. Os alumnos de 1º ESO  premiados polo centro foron: ANA ANEIROS VILAR(lingua zikril)VERA BREGUA ANEIROS (lingua inglesa),NEREA LEMA ((lingua zikril)FERNÁNDEZ, NICOLÁS REGO VILAR E YUSUF SALEC (l.indi)que resultou gañador na fase intercentros. En 3º da ESO foron seleccionados os traballos de ALBA ROMAR OTERO ,PUERTO SAINZ ALZUETA, e ROSALÍA VELASCO. En Bacharelato premiáronse os traballos de Beatriz Rodríguez Campos e Junhui Gao nos apartados de fotografía. O proceso de selección resultou moi complicado este ano pola cantidade de participantes e a calidade das creacións, polo que desde a organización enviamos uns PARABÉNS PARA TODXS e todo o noso agradecemento. Velaquí unha foto da entrega de premios, na que estiveron presentes, Teresa Sebio a directora do noso centro, María Lanza, profesora de Ed. Plástica e Visual e Pilar Vázquez, do Equipo de Dinamización lingüística do i