Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2023

Concurso de CREACIÓN DE PLAYLIST DE MÚSICA GALEGA

O equipo de EDL, en colaboración coa Biblioteca e o Departamento de lingua, por medio da profesora Rosa Sánchez, organiza un concurso de creación de playlist de música galega, para o alumnado de 3ª da ESO. Velaquí van as bases. Poderan entregarse os traballos ata o vindeiro mes de maio. A semana do !7 de maio, escollerase a lista gañadora. Animádevos a participar e promocionar a nosa música.

Alumna premiada no XXIII Certame de creación artística Poesía e Imaxe EN GALEGO, SEN FILTRO

Recibimos a comunicación da organización do certame comunicando que o traballo dunha alumana do IES Sofía Casanova foi premiado e deixámolo aquí.  Parabéns a  Ana Guillen de 3º da ESO.

Concurso de ANUNCIOS SOBRE A LINGUA GALEGA

  Estamos a traballar este curso na potenciación do emprego da Lingua Galega en todos os ámbitos da nosa vida.  Sendo conscientes de que os informes da Real Academia Galega sobre a incidencia da lingua do país na infancia ofrece datos demoledores, evidencianado que  galego perde relevancia tanto no ámbito académico como noutros da vida do alumando e da comunidade educativa; por este motivo estamos a convocar un concurso de anuncios que inviten a empregar o galego con orgullo. Deixamos aquí as bases do noso concurso de ANUNCIOS. CONCURSO DE ANUNCIOS SOBRE A LINGUA GALEGA de dinamización2019