Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2020

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

  O Coro do Sofía Casanova ven de participar nunha representación no Teatro Jofre, o domingo 23 de Febreiro da obra As pitas baixo a choiva de Ricardo Carvalho   Calero,  pola compañía  Ghazafelhos, xunto con outros músicos e artistas. Esta actuación inscríbese no desenvolvemento dun proxecto que ven impulsado pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra , dentro das iniciativas para traballar a figura deste autor, ó que este ano se adicará o Día das Letras Galegas. Diario de Ferrol Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra  

DÍA DE ROSALÍA 2O2O

Neste 2020 celebramos o 24 de febreiro, o Día de Rosalía, uníndonos a outras institucións que veñen de facer interesantes propostas de actividades, como é o caso da a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega , que baixo o lema #ErrantesPoloMundo_drc_20 fainos unha invitación a reflexionar sobre o tema da emigración nos escritos da autora. Pola nosa parte, este é o segundo curso en que estamos a traballar sobre este fenómeno das migracións e dos refuxiados no mundo. Iniciamos ese percorrido o curso pasado coa celebración do Día da Paz, coa nosa campaña : " Tirando muros, tendendo pontes" , falando sobre os muros no mundo e a necesidade de tender pontes de diálogo para poder construír unha paz duradeira. No mes de febreiro, tamén do pasado curso, volvemos a tocar o tema do sentimento de desarraigo e da pobreza, no caso das persoas que se ven obrigadas a deixar o seu fogar, facendo actividades cos poemas de Rosalía, no 24 de febreiro: Caldo de gloria  

CONCURSO BALBINO DE RELATOS

Neste mes de febreiro, foi presentada a 5ª edición do concurso Balbino de relatos promovido pola empresa Técnicas & Gramaxe SL e Edicións Fervenza coa colaboración da Fundación Xosé Neira Vilas ,a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Consellería de Cultura, a Deputación de Pontevedra e os concellos de Silleda, Boqueixón e Vila de Cruces. Destinado a promocionar a literatura en lingua galega e ós escritores máis novos e os xa consagrados que desexen participar na difusión da cultura galega. Deixamos as bases aquí.

DÍA DA PAZ 2020

Neste curso 2019-2020 reflexionamos sobre os nosos soños; que todos soñamos nunha convivencia pacífica e que malia que ese soño é compartido, non nos podemos quedar nos desexos, é imprescindible dar pequenos pasos para ir facendo que a Paz se faga realidade. Por este motivo, queremos invitar a toda a comunidade educativa a non desistir neste intento de construír a Paz, para o que facemos a seguinte proposta de acción común. TRABALLO NAS TITORÍAS: -Partindo do visionado do vídeo: SU EÑOS ( UNICEF) reflexionamos sobre as nosas posibilidades de transformar a realidade con pequenas acción, pequenos pasos que están ó noso alcance. -Rematado este diálogo invitamos ó noso alumado a escribir nunha plantilla de pegada:   -Unha acción ou palabra que sexan pasos para mellorar a convivenica e posibilitar a Paz.                                                           ( Respecto, libertade, diálogo, entendemento,etc). -Frases ou citas sobre a Paz de pensadores ou premios Nobel