Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2023

Día de Rosalía.

Onte celebramos o Día de Rosalía, participando nas actividadez propostas pola AELG para os centros de ensino.O alumnado recompilou,transformou e recreou poemas de Rosalía.O motivo de inspiración foi a pregunta:Que diría Rosalía?nestes tempos ante a violencia,fame,dereitos humanis etc.Isto é o resultado.Rosalía elevaría a súa voz en defensa dos que sofren.

Reciclamos no Entroido

O alumnado de 1 da ESO realiza este ano un proxecto interdisciplinar dirixido polo Departamento de plástica e neste caso coa colaboración do EDLG e da Biblioteca. Con elementos de refugallo:cartóns, teas, botóns montamos un orixinal cigarrón.Tamén coa colaboración de Rosa a súa profe de galego crearon unhas coplas moi divertidas.Parabéns aos artistas

Conversas online de " ORGULLO GALEGO" sobre o entroido tradicional galego

  Este ano estase a preparar un entroido particular no noso centro. Desde a  materia de Proxecto Competencial, en 1º de ESO. Propuxéronse indagar sobre o rico mundo do antroido en Galiza. Para esto tanto a responsable da área do Departamento de Educación Plástica e visual que coordina o traballo, como os Departamentos de Dinamización e Biblioteca puxeron a disposición do alumnado diversas fontes para estar informados da riqueza e variedade do noso entroido tradicional galego.  Os Peliqueiros de Laza. Os Cigarróns de Verín. As Pantallas de Xinzo de Limia. Os Xenerais del Ulla. Os Boteiros de Viana do Bolo. Os Volantes de Chantada. Os Merdeiros de Vigo. As Madamas e os Galáns de Cobres. O Oso de Salcedo. O Ravachol de Pontevedra. Os Felos de Maceda. Os Choqueiros de A Coruña. Os Vellaróns de Castrelo de Cima. As mázcaras de Manzaneda. Os troteiros de Bande. A Pita de Eiroás. Se picas na imaxe podes obter infomación en Castelán no seguinte artigo. Imaxe da web Siente Galicia. Tamén quer

XXIIICertame de creación artística Poesía e Imaxe EN GALEGO, SEN FILTRO

Como cada ano queremos animar a vosa participación nos certames literarios que se presentan na nosa contorna. Deixamos aquí a convocatoria do Certame de creación artística Poesía e Imaxe EN GALEGO, SEN FILTRO, organizada pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra(CENL). As bases da XXIII edición.