Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2021

ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O SAMAÍN 2021

  Ola a todas as ánimas!  temos xa as actividades para celebrar o  Samaín, Noite de Santos e a tempada de medo. Aquí podedes consultar os diferentes concursos organizados arredor desta temática.  Animádevos a participar ! CONCURSO DE RELATOS Tamén temos outras modalidades de concurso: Concurso de vídeos terroríficos: Podedes inspirarvos con estes textos: Esperamos as vosas achegas. Xa estamos tremendo!!!!!

DÍA DAS ESCRITORAS

  Ola compañeir@s! O Día das Escritoras celébrase  o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús  (1515-1582) , o 15 de outubro. Polo tanto para este  este luns 18, d esde o equipo da bibioteca e os Departamentos de Dinamización e Orientación queremos facer chegar unha proposta de lectura de textos de varias autoras en galego e en castelán. Nesta semana leranse en  voz alta nas clases de Lingua Española e Lingua Galega, textos de varias autoras  que publicou a Asesoría de bibliotecas escolares de Galicia.   Baixo o lema   " Ler as idades da vida" Marifé Santiago Bolaños, que é a comisaria esta VI Edición do Día das Escritoras 2021, fixo unha escolla de textos e autoras ós que nosoutros lles puxemos imaxes para poder proxectalas nas aulas. ESCRITORAS EN GALEGO DÍA DAS ESCRITORAS IES SOFÍA CASANOVA de Sofía Casanova biblioteca

UNHA CIENTÍFICA DA NOSA CIDADE

Ola compañeir@s! Queremos darvos a benvida a este novo curso e ir contando polo miúdo as actividades e propostas que estamos a preparar para as que necesitaremos a vosa colaboración e participación como cada ano. Debullaremos estes proxectos noutras entradas. Hoxe 3 de outubro, queremos facer memoria do nacemento dunha científica galega do máis alto nivel, e ademais  é da nosa cidade. Estamos a falar de María de los Ángeles Alvariño González , (3/10/1916-29/5/2005) a gran oceanógrafa que era natural de Serantes, Ferrol. Filla dun médico e unha profesora de piano, estudou na nosa localidade e completou o bacharelato en Santiago de Compostela, trasladándose a Madrid para facer a súa carreira de Ciencias Naturais en 1934, estudos interrompidos pola Guerra Civil e que remata en 1941. Doutorouse no 1951 en Psicoloxía Experimental, Química Analítica e Ecoloxía Vexetal. Neste tempo traballa como bióloga mariño-oceanógrafa no Instituto Español de Oceanografía en Vigo. En 1953 o British Co