Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2018

VIOLENCIA DE XÉNERO

Este mes de novembro, seguro que notastes que a primavera chegou a destempo ao noso centro. Pola conserxería, polos corredores, pola oficina de secretaría, polas portas das aulas, pola biblioteca, por suposto… floreceron margaridas (soltas ou en guirnaldas). Aínda literalmente están a medrar nas macetas da mesa da entrada, onde algúns nomes escritos sobre madeira simbolizan o noso radical rexeitamento contra todo tipo de violencia. Si, todos os grupos de alumnos colaboraron, dunha ou outra maneira. Algúns, dende as súas titorías; outros, dende as materias de linguas oficiais o extranxeiras para redactar as mensaxes nos pétalos das margaritas en todos cantos idiomas sabemos falar aquí. E que fronte a esta praga que esgota flores e vidas non caben as contemplacións, nin os silenzos… Só admitimos o completo e explícito desplante. Porque o noso lema, o noso berro de loita foi pacífico como as revolucións que levan flores por armas, moi sinxelo mais absolutamente meridiano:

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Este martes 20 de novembro en Santiago de Compostela, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participa nun acto institucional co alumnado do IES Sofía Casanova de Ferrol que contou co catedrático Luis Puig Mosquera, profesor de matemáticas do noso centro, que fixo un relatorio sobre "As simetrías do Pórtico da Gloria”. A este evento , que se desenvolveu no Pórtico da Gloria, tamén asistiron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a directora xeral do Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez; os presidentes da Real Academia de Ciencia, Miguel Ángel Ríos, e da Institución Galega de Ciencia, Manuel Díaz; así como o deán da Catedral de Santiago, Segundo Pérez. Esta actuación enmarcase dentro das actividades do Mes da Ciencia en Galego, que a consellería de Cultura e Turismo, promove tamén por medio de accións nas bibliotecas públicas e mais nos centros educativos a través dos equipos de dinamización da lingua galega coa finalidade de v

CERTAME LITERARIO CARMELA LOUREIRO

Esta é unha nota para comunicarvos que está en marcha a V edición do Certame literario Carmela Loureiro , convocado por o Concello de Ferrol e a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra (CENL). Establécense catro categorías na modalidade de microrrelatos, catros categorías na modalidade de micropoesía: e unha categoría na modalidade de microteatro.   1 Modalidade de microrrelatos Categoría A: 5º e 6º educación primaria Categoría B 1º e 2º de ESO. Categoría C: 3º e 4º de ESO. Categoría D: bacharelato e ciclos formativos. 2 Modalidade de micropoesía Categoría A: 5º e 6º educación primaria Categoría B 1º e 2º de ESO. Categoría C: 3º e 4º de ESO. Categoría D: bacharelato e ciclos formativos. 3 Modalidade de microteatro Categoría D: bacharelato e ciclos formativos O prazo para entregar os traballos en cada centro na fase interna remata o venres 14 de decembro de 2018 e para a fase intercentros, é dicir, a entrega ao Concello dos traballos seleccio

MAGOSTO NO SOFÍA

O venres 2 de novembro quixemos lembrar as nosas tradicións, ao tempo que corriamos o fío coa caloriña das castañas asadas, seguindo así o ritual de "salvar" algunha que outra ánima de finado. E, abofé que si, pois serviunos para "espantar" o sanguinolento Halloween e encher o insti dun espíritito moito máis positivo, que é o que ten o Samaín. Mágoa só que ningún alumno se animase a presentar cabazas ao concurso. O equipo da biblioteca, coa axuda de Antía, ambientou o vestíbulo.   Tamén propuxo "Dez relatos de medo, espíritus e terror" que van moi ben coa nosa celebración.  Alí temos dende clásicos coma Frankenstein ou Drácula, ata cómic dos Barbanzóns , pasando por suposto por Poe ou Lovecraft, ou algúns máis próximos coma Castelao, Zorrilla ou Bécquer. Por outra banda, algúns alumnos de 1º da ESO crearon un vídeo sobre a historia do Samaín que recolle as presentacións que fixeron na súa clase e que se proxecta na pantalla da entrada.