Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2019

TRABALLOS DO XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO

Deixámosvos unha presentación para poder leer os traballos do XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO, publicados pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra. Parabéns a todos os participantes. Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO from cenlf

TRABALLOS DO V CERTAME LITERARIO CARMELA LOUREIRO

  Nesta ocasión queremos poñer en coñecemento de toda a comunidade educativa que están xa publicados os traballos do V Certame literario Carmela Loureiro, e que está á vosa disposición un exemplar do caderno, na nosa biblioteca. Están publicadas publicados pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, as obras gañadoras e tamén  dos outros traballos presentados.  Por exemplo os de: -Daniela Katrib. -María Lejuán Terán. -Uxío Muñíz.  Queremos felicitalos a todos e especialmente ao exalumno do centro e membro do noso  Club Manga, que é  Efrén Vázquez Núñez.

PREMIOS POESÍA E IMAXE EN GALEGO, SEN FILTRO

Comprácenos comunicarvos que este ano no XIX Certame de Poesía e Imaxe "En galego, sen filtro".  Organizado pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüísitca de Ferrolterra(CENL). Resultaron gañadores: Gloria López Beade de 4º da ESO. Con: Lingua albanesa. Estela Pena Hermida de 1º de Bacharelato. Con: Lingua Quiche. A entrega de premios terá lugar o vindeiro LUNS, 29 de abril, ás 19:30 na capela do CC Torrente Ballester.

ENTREGA DE PREMIOS CARMELA LOUREIRO EN FERROL

O sábado, 9 de marzo, entregáronse os premios aos gañadores da V edición do Certame literario Carmela Loureiro, convocado polo Concello de Ferrol e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra (CENL). Nun acto que se celebrou ás 12 horas, no centro cultural Torrente Ballester, presidido polo alcalde da cidade Jorge Suárez. Nesta edición presentáronse 80 traballos: micropoesía (27); microrrelatos (37); microteatro (3) de 18 centros educativos da comarca. O xurado do V Certame Literario Carmela Loureiro estivo integrado por Magdalena González e Aitana Tizón, como representantes do alumnado; Ana Varela Miño, representante do mundo da literatura e da lingua (tradutora e poetisa); Paulo Filgueiras Fachal, representante da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística, o concelleiro de Normalización, Álvaro Montes e Beatriz Bascoy, como secretaria do mesmo. Para a modalidade de microrrelatos, os premios recaeron en alumnado do CPI Atios, Cristo Rey,

MULLER TRABALLADORA

As mobilizacións pola xornada do Día da Muller Traballadora poden suscitar polémica. Isto foi así ao longo da historia da loita por calquera dereito. No caso das mulleres, elas tiveron que enfrontar moitas destas situacións e hoxe son recoñecidas por esta razón e outras, aínda que tarde, polas súas achegas como: investigadoras, políticas e noutras profesións pero continúa a ser invisible o traballo de moitas mulleres anónimas que loitaron e sufriron traballando man a man, cos homes na terra, nas minas, no mar, na casa, etc. A todas elas queremos render homenaxe co vídeo: “Estatuas de sal”. Nel aparecen retratos de mulleres de moitos ámbitos da esfera internacional que causaron escándalo ou foron incómodas, cando reclamaron os seus dereitos a ser tratadas igual que os homes. Froito da loita das mulleres no terreo laboral e político, hoxe gozamos de moitos dereitos, pero pese aos avances é preciso continuar a loitar por consolidar os cambios na mentalidade da sociedade que fagan efect

ENTROIDO 2019

Este ano non tivemos tempo de organizar a festa de entroido debido ás múltiples actividades que se programaron durante o mes de febreiro e para a primeira semana de marzo, que aglutinará as propostas para celebrar o Día da Muller Traballadora. Aínda así, o alumnado quixo facer desta data algo especial e moitos asistiron con disfraces. Por esa razón quixemos deixar aquí información sobre as variadas formas de entroido tradicional da nosa comunidade. Esperando que sirva de inspiración para próximos anos. O entroido celébrase en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións. Os máis coñecidos son os entroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de festas de interese turístico nacional. O ENTROIDO GALEGO Publish at Calameo