Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2020

VISITA DE ANDREA MACEIRAS

Ola compañeiros! No instituto IES Sofía Casanova, o alumnado de todo 1º da ESO e algúns de 4º, recibimos o día 9 de marzo a visita da escritora Andrea Maceiras. Esta actividade estaba organizada polos Departamentos de Lingua Galega, Dinamización e a Biblioteca. E tivo lugar o enconto  no salón de actos do instituto. A autora fíxollonos unha presentación sobre o proceso creativo do seu libro “ Conta nove estrelas ”.  Explicounos  que lle inspirou a facer unha historia tan máxica e entretida. Despois da distendida charla de Andrea, moitos alumnos  fixeron unha rolda de preguntas, que ela respondeu con gran  entusisamo. Para rematar  asinou varios exemplares que lle trouxeron os asistentes. Foi unha xornada divertida e moi interesante con esta xove escritora que nos sirve de inspiración a todos nós.   Antes de despedirse do centro foi tan amable de contestar ás preguntas que lle tiñan preparadas unhas reporteiras moi especiais de primeiro da ESO. Deixamos aquí as fotos da xornada,