Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2019

DÍA DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Esta semana no centro estivéronse a desenvolver diversas actividades para celebrar o 25 de novembro o Día de Loita contra a Violencia de Xénero que estaban programadas desde o Departamento de Orientación e os equipos de Actividades Complementarias e Extraescolares, de Igualdade, da biblioteca e de Dinamización Lingüística. En primeiro lugar o venres 22 de novembro asistimos varios grupos da ESO a unha representación teatral a cargo da compañía Chérvere, As Fillas Bravas que organizaba a Concellería de Igualdade e Muller do Concello de Ferrol. Para esta saída fixemos unha pancarta co lema da nosa campaña:  Plantámonos contra a Violencia de Xénero.   Nas titorías e nas áreas tratouse o tema da violencia nas redes sociais por medio do visionado dun vídeo de Pantallas Amigas que exemplificaba a relacións de desigualdade entre rapaces e rapazas e os comportamentos de control e dominación que se poden exercer utilizando este tipo de medios. Posteriomente o alumando fixo simulació

MES DAS LINGUAS INDÍXENAS

As Nacións Unidas declaran o 2019 o Ano Internacional das Linguas Indíxenas, Igacienia quere renderlle homenaxe tamén ao lingüista norteamericano Noam Chomsky : Este autor propuxo a finais dos anos cincuenta que o cerebro humano posúe un coñecemento innato, pre-programado, que lle permite adquirir e desenvolver a linguaxe, unha rompedora teoría hoxe maioritariamente aceptada e cuxas implicacións impulsaron novas vías de investigación en moi diversos campos científicos e humanísticos. Tamén desde Igaciencia proponse a súa vez ao historiador galego Manuel Murguía , destacado galeguista do século XIX pioneiro en atribuírlle un papel central á lingua na definición da nosa identidade colectiva e autor dunha monumental Historia de Galicia en que se percibe o seu coñecemento da investigación histórica europea do momento, o estudo e análise das fontes documentais e a toma en consideración das achegas de diversas disciplinas como a lingüística, a arqueoloxía, a paleografía o

DE TEATRO CONTRA A VIOLENCIA

O pasado venres 22 de novembro e dentro das actividades que imos celebrando no centro co gallo do "Día contra a violencia de xénero ", alumnos e alumnas de 1º da ESO e un grupo de 4º asistimos a unha representación teatral no Auditorio municipal de Ferrol. Reunímonos alí varios centros invitados pola Concellería da muller de Ferrol. Presenciamos a representación teatral de" Fillas bravas" do grupo Chévere . Estas "fillas bravas" eran tres mulleres cantareiras que  nos deron unha visión do empoderamento e da forza das mulleres rurais e unha lección, mirando ao pasado, do traballo, a autonomía persoal, a independencia dun colectivo feminino ( as fillas do palleiro)que a pesar de ter sido silenciado, chegou ata o noso presente con rebeldía e forza e delas sentimos moito orgullo. A obra tamén presenta un grande traballo de recolleita da oralidade galega e por iso tamén nos pareceu moi importante que o alumnado coñecese esta riqueza musical. O acto foi present

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Este mes de novembro, como sabedes,  desde hai uns anos a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén impulsando a celebración do Mes da Ciencia en Galego. Coincidindo con que neste  2019 se cumpre o 150 aniversario da Táboa Periódica, a Asemblea Xeral da ONU, decidiu declarar este como o ano internacional dela. Ao tempo desde Igaciencia (Institución Galega de Ciencia) proponse adicarlle o Mes da Ciencia aos científicos Dmitri Mendeleiev, químico ruso que deseñou a Táboa, e Luis Liz Marzán, químico lucense experto en nanopartículas que recibiu en 2018 o Premio Nacional de Investigación. Por este motivo celebrouse o día 8 de novembro, no edificio Administrativo da Xunta en Lugo, unha conferencia do homenaxeado Luis Liz Marzán falando de nanotecnoloxía. Deixamos un enlace picando na imaxe para máis información. IMAXE DE IGACIENCIA Neste blog queremos facernos eco tamén dunha iniciativa do IES de MELIDE , onde os profesores de varios departamentos e alumnado

LENDO CONTOS DE MEDO

Este martes día 12 de novembro tivo lugar na biblioteca do centro unha sesión de lectura moi especial. Continuando coas celebracións do Samaín, que se foron retrasando, finalmente esta tarde fixemos unha actividade sobre os relatos de medo, que xa tiñamos programada, tal como rezaba o noso cartel “Contos de medo”. Decidimos empregar dous textos de Edgar Allan Poe, aproveitando o 170 aniversario do seu pasamento, e deste xeito facerlle unha pequena homenaxe a un dos autores favoritos de moitos lectores do nosos centro. Con intención de sorprender aos rapaces e rapazas puxemos velas e libros do escritor nunha mesa no centro da estancia coas luces apagadas, de xeito que todo parecía o máis fantasmagórico posible. O alumnado de 1º da ESO entraba expectante pola teatralidade do momento, cando de súpeto, mentres estaban acomodándose, víronse interrompidos por un ser que ocultaba o seu rostro baixo unha túnica branca con rachaduras, coma se acabase de saír da procesión da Santa Compa

OBRADOIRO DE CABAZAS

MIRADE QUE BEN NOS QUEDOU!  Canto traballaron os rapaces e rapazas de 1º da ESO! Este martes organizamos xunto coa Biblioteca un obradoiro para celebrar o mes do Samaín.         Moitos alumnos traballaron as súas cabazas;e outros participaron nos diferentes obradoiros realizados na biblioteca: decoraron castañas, follas de árbores, morcegos, etc. con ditos e refráns, cantigas e poemas sobre medo e o Samaín .        Colocamos unha exposición na entrada do centro, alí podedes visitala.                    Tamén se construíu un mural na Biblioteca, e á sombra desa árbore leremos este outono contos de medo.                              Aproveitade as suxestións do equipo de biblioteca para pasar un outono de medo.                                      Grazas a todos e todas pola participación:alumnos,  profesores e titores , a orientadora e o equipo de extraescolares, o equipo de biblioteca, etc., Para o ano máis...

OBRADOIRO DE DECORACIÓN DE CABAZAS

Para celebrar este Samaín 2019, o vindeiro martes 5 de novembro pola tarde, teremos na biblioteca do centro un obradoiro de decorado de cabazas e outras actividades relacionadas coa festa.Participarán os alumnos de 1º da ESO acompañados polos seus profesores.O alumnado deberá traer cabazas, cogombros, castañas, mazorcas, etc. e traer material para a decoración. Haberá premios para os mellores deseños. Para colaborar na exposición da entrada, podedes traer os vosos traballos.