Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2020

DÍA DA ILUSTRACIÓN

Ola compañeiros e compañeiras! O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI). Celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao aínda que nesta ocasión únicamente se destaca o seu labor como ilustrador e artista, esta faceta serviulle sempre para deixar constancia da súa loita social e política en favor do desenvolvemento de Galicia. O seu pensamento expresouse en moitas facetas e segue vivo na memoria colectiva do noso país e as súas ilustracións e creacións artísticas dan testemuño dese compromiso con esta terra alá onde se atopase. A (AGPI) tamén quere facer visibles outras figuras insignes como: Luís Seoane, Leandro Carré, Federico Ribas, Manuel Bujados, Castro Gil, Julio Nieto Nespereira, entre outros. Pero este ano o ilustrador destacado é Cándido Fernández Mazas.  Deixámovos un víd

XX edición. Poesía e Imaxe "En galego, sen filtro"

Ola compañeiros e compañeiras! Un ano máis traemos a convocatoria do certame literario:  Poesía e Imaxe "En galego, sen filtro".  Organizado pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüísitca de Ferrolterra(CENL). As base da  XX edición deste certame deixámolas a continuación. Bases XX Certame poesia e imaxe from cenlf