Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2019

Gran festa da "Mocidade coa LIngua"

O xoves 11 de abril a rapazada ferrolá gozou outro ano máis, e xa van 27, do Festival Mocidade coa Lingua , organizado pola coordinadora de Equipas de Normalización de Ferrolterra . O acto foi aberto polo concelleiro de Normalización Lingüística, Álvaro Montes, e a partir de aí a festa non parou durante tres horas.  A participación do IES Sofía Casanova non puido ser máis exitosa, grazas, por un lado, á presentadora e alumna de 4ºB, Irene Fernández Arias e, polo outro, á actuación do noso coro Son do Sofía, que interpretou a sua versión de "Matriarcas" e "Believer".  Un eloxioso recoñecemento ao profesor Alberto, que acompañou o coro coa guitarra e a Almudena, a profesora de Música, que o dirixiu.  http://www.edu.xunta.gal/centros/iessofiacasanova/node/1484  

XXVII A Mocidade Coa Lingua

O xoves 11 de abril terá lugar o XXVII Festival Musical "A Mocidade Coa Lingua", que se celebrará desde as 10’00 ás 13’00 no auditorio de Ferrol. Organizado por Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra y Concello de Ferrol. Este ano participa o noso centro coa actuación do coro “Son do Sofía”.  Como presentadora exercerá a alumna de 4º , Irene Arias.  Alí estaremos disfrutando das actuacións o alumnado e profesores acompañantes de 4º da ESO.