Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2019

II PREMIO DE POESÍA ESTRATOSFÉRICA

O II Premio de Poesía Estratosférica é unha iniciativa de NOSA (Axencia Espacial Escolar Galega) solidariamente entre os seguintes institutos: IES Maruxa Mallo de Ordes, IES Miraflores de Oleiros e IES Marco do Camballón de Vila de Cruces, IES Arcebispo Xelmirez II de Santiago, CPI Plurilingüe de Cerceda e IES Ferrol Vello de Ferrol. 1.-Poderán participar no II Premio de Poesía Estratosférica autoras e autores de calquera nacionalidade, presentando unha soa obra de temática cósmica escrita en lingua galega e que non gañasen o premio na mesma categoría en edicións anteriores.  2.-Categorías: A) ESO B) BACHARELATO  Para cada un dos centros participantes. C) ESO D) BACHARELATO Para calquer estudante destas etapas e de calquer centro público galego. 3.-As obras aspirantes, que deberán ter unha extensión máxima dunha páxina (DIN A4 de gramaxe máxima 80 gr/m2) serán inéditas na súa totalidade e non poderán estar presentadas  simultaneamente a outros concursos. 4.-

DÍA DE ROSALÍA CASTRO

O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro no noso centro quixemos destacar á autora,  como xa se deixou constancia no blog da biblioteca. Pola nosa banda, dado que este equipo estivo  vinculado coa celebración do Día da Paz, quixemos sumarnos ás actividades propostas pola biblioteca, seguindo a mesma temática e participando no concurso que se fixo cos poemas de Rosalí: Airiños e Negra Sombra. Rosalía na súa poesía expresa con forza e sensibilidade a dor colectiva, a desolación dun pobo que se ve abocado á emigración como forma de supervivencia. Retratando como ninguén a indefensión, o abandono e a desesperación que leva na pel un ser humano que se ve desposuído non só da súa familia senón do seu medio cultural e social. Ela usa a lingua galega, que lle proporciona palabras e imaxes imprescindibles como a morriña, para retratar ese desgarro íntimo que produce nas nais, nos fillos e nos pais esta separación. Airiños, airiños aires Airiños, airiños aires, airiños da miña t

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA.

A Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 acordou a celebración do Día Internacional da Lingua Materna, que se ven celebrando cada ano desde o 2000 o día 21 de febreiro para promover o plurilingüismo e a diversidade cultural. A lingua materna é aquela en que os nenos aprenden a falar e a relacionarse co seu contorno máis próximo. A UNESCO quere impulsar o coñecemento e a práctica das linguas maternas de menos falantes tamén na escola, nos medios de comunicación, na internet... fóra dos ámbitos en que moitas delas quedan recluídas. Cada ano escóllese un tema, par este 2019 é o Ano Internacional das Linguas Indíxenas. Os pobos indíxenas representan aproximadamente 370 millóns de persoas e falan a maioría das 7000 linguas vivas. E en palabras de Audrey Azoulay (Directora xeral da Unesco) enténdese que a linguas maternas " son esenciais para contruír a paz ". Nós queremos traer aquí unha preciosa iniciativa de Adriana Bado e Hugo Esquivel , dous deseñadore

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Este ano, como cada 11 de febreiro, celébrase o Día da Muller e a Nena na Ciencia, un día cuxa razón de ser é indispensable que os centros de ensino visibilicen e fomenten.  O vestíbulo do noso  instituto alberga unha árbore que mostra imaxes de grandes científicas da historia, así como das alumnas do Club de Ciencias. É unha iniciativa dos departamentos de Física e Tecnoloxía á que se suma todo o instituto, concienciado da importancia da presencia da muller en todos os ámbitos da vida.  En primeiro lugar, que se celebra o Día da Muller e a nena na Ciencia? Máis que celebrar, búscase recoñecer o papel das mulleres na investigación, no estudo e na aplicación práctica das ciencias, á vez que captar a atención das futuras  adultas que terán que decidir se inclinarse cara unha carreira ou profesión dentro deste ámbito.  Queremos facer un especial recoñecemento a Ángela Ruiz Robles, inventora e mestra española precursora do libro electrónico, que viviu e traballou en Ferrol dur

DÍA DA PAZ

 Con motivo da celebración do día da Paz, xunto coa biblioteca do centro e o equipo de actividades extraescolares, pensamos coordinar todas as accións nunha campaña que leva por título  Construír a Paz; tirando muros, tendendo pontes . Sumámonos así a un proxecto xa existente, pero dándolle a nosa orientación.  O traballo nas titorías e nas áreas que colaboraron fíxose en torno a dous núcleos. Os muros que esconden os medos e xeran conflito e as pontes que serven para mediar e buscar solucións. Deste xeito, en 1º e en 3º da ESO traballaron en torno á idea dos muros que nos dividen. O alumnado de 1º centrouse en reflexionar sobre aquelas actitudes que poñen pedras no muro da paz e da convivencia, aspectos negativos que expresaron nunha soa palabra,  en distintos idiomas,  e que representaron como pedras coas que fixeron un muro, na entrada do instituto.  Pola súa banda, o alumnado de 3º fixo fincapé no trixésimo aniversario da caída do Muro de Berlín en 1989, comprobando co