Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2023

A árbore dos dereitos humanos

 Este ano a proposta de decoración da nosa tradicional árbore de Nadal partiu da colaboración de diferentes departamentos: Relixión, Plástica, Bioloxía, Orientación e Dinamización. Escolleuse como tema da decoración a celebración do 75  ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS . As distintas titorías, reciclando materiais, adornaron a árbore con estrelas e bólas que contiñan textos cos dereitos humanos. A proposta recollía maioritariamente o emprego da lingua galega, pero tamén se expresaron lemas noutras linguas presentes no alumnado como o árabe ou o italiano. Por outra banda, o alumnado de 1º da ESO D presentou no Festival de Nadal unha homenaxe a esta declaración, empregando lecturas, música e imaxes.