Saltar ao contido principal

ROTEIRO : AS IRMANDADES DA FALA FERROL


No ano 1916 nace A Irmandade de Amigos da Fala na Sede da Real Academia Galega na Coruña. Co obxectivo da exaltación e fomento do uso do idioma galego, dentro dun plan xeral de rexeneración do país. As Irmandades estaban formadas por persoas de diferentes profesións que pretendían redescubrir os sinais de identidade nacional, defendendo a cultura e a lingua galega. Neste contexto, no ano 1918 en Lugo, celébrase a primeira asemblea da organización.
 

                  http://lamoradadelbuho.blogspot.com/2012/02/irmandades-da-fala.html

No centenario desa histórica reunión, e para dar a coñecer entre o alumnado a historia e actividade deste importante movemento. Programouse un roteiro pola cidade de Ferrol, para o alumnado de 4º da ESO. Trátase un percorrido interpretativo pola historia do movemento intelectual e cultural de principios do século XX, que vén ofertando a concellería de Participación e Normalización Lingüística do Concello de Ferrol.


                             http://orecunchodeletidiaz.blogspot.com/2014/01/a-literatura-galega-dende-1900-ata-1936.html

Para máis información sobre a actividade das Irmandades en Ferrol, pica aquí





Publicacións populares deste blog

MURAL EN HOMENAXE A BENITO VICETTO

Esta semana os nosos artistas de 3º da ESO remataron o mural que pecha a conmemoración do II centenario do nacemento do noso ilustre ferrolán. Durante tres días guiados polo artista local Diego Vázquez , quen deseñou o mural, traballaron sen parar e velaquí o resultado. parabéns rapaces.Grazas Diego.

CONCURSO DE DECORACIÓN DE PORTAS DO SAMAÍN

  Con motivo da celebración do Samaín e para animar a toda a comunidade a disfrutar deste tempo de relatos e contos de terror, queremos invitarvos a decorar as portas das aulas do centro con adornos que fagan referencia a esta festa ou a relatos terroríficos propios da nosa cultura galega, por este motivo  animámosvos a engadir nas portas, frases de algún relato ou conto propio destas datas. Desde este venres 21 de outubro ata o  4 de novembro, está aberto o prazo para decorar as portas das aulas. Un xurado composto polo Equipo de Dinamización Lingüística do centro elexirá a mellor.  O premio será colectivo para os membros da aula gañadora. Só nos resta desexarvos un bo Samaín, cheo de lecturas terroríficas. Preme aquí para ver algúnha idea.

FESTAS DO SAMAÍN 2019-2020

Ola compañeiros! Nestas días de outono  estamos a preparar  unha exposición de cabazas para celebrar o tempo do Samaín. En posteriores entradas iremos informando das actividades que se van realizando. Temos pensado facer o tradicional magosto se vos animades a participar. De momento deixamos aquí o cartel do obradoiro de decoración de cabazas  que se vai celebrar entre os días 4 e 8 de novembro. E tamén queremos invitarvos a participar no certame literario de relatos de terror convocado polo equipo de Dinamización lingüística e o da Biblioteca do centro. Podedes consultar as bases nos carteis anexos e tamén nos carteis impresos dos corredores. Fagamos un Samaín de medo!!!