Saltar ao contido principal

PREMIOS POESÍA E IMAXE EN GALEGO, SEN FILTRO


Comprácenos comunicarvos que este ano no XIX Certame de Poesía e Imaxe "En galego, sen filtro". Organizado pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüísitca de Ferrolterra(CENL). Resultaron gañadores:
Gloria López Beade de 4º da ESO. Con: Lingua albanesa.
Estela Pena Hermida
de 1º de Bacharelato. Con: Lingua Quiche.

A entrega de premios terá lugar o vindeiro LUNS, 29 de abril, ás 19:30 na capela do CC Torrente Ballester.

Publicacións populares deste blog

DÍA DA PAZ 2020

Neste curso 2019-2020 reflexionamos sobre os nosos soños; que todos soñamos nunha convivencia pacífica e que malia que ese soño é compartido, non nos podemos quedar nos desexos, é imprescindible dar pequenos pasos para ir facendo que a Paz se faga realidade. Por este motivo, queremos invitar a toda a comunidade educativa a non desistir neste intento de construír a Paz, para o que facemos a seguinte proposta de acción común. TRABALLO NAS TITORÍAS: -Partindo do visionado do vídeo: SU EÑOS ( UNICEF) reflexionamos sobre as nosas posibilidades de transformar a realidade con pequenas acción, pequenos pasos que están ó noso alcance. -Rematado este diálogo invitamos ó noso alumado a escribir nunha plantilla de pegada:   -Unha acción ou palabra que sexan pasos para mellorar a convivenica e posibilitar a Paz.                                              ...

TRABALLOS DO XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO

Deixámosvos unha presentación para poder leer os traballos do XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO, publicados pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra. Parabéns a todos os participantes. Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO from cenlf

FESTAS DO SAMAÍN 2019-2020

Ola compañeiros! Nestas días de outono  estamos a preparar  unha exposición de cabazas para celebrar o tempo do Samaín. En posteriores entradas iremos informando das actividades que se van realizando. Temos pensado facer o tradicional magosto se vos animades a participar. De momento deixamos aquí o cartel do obradoiro de decoración de cabazas  que se vai celebrar entre os días 4 e 8 de novembro. E tamén queremos invitarvos a participar no certame literario de relatos de terror convocado polo equipo de Dinamización lingüística e o da Biblioteca do centro. Podedes consultar as bases nos carteis anexos e tamén nos carteis impresos dos corredores. Fagamos un Samaín de medo!!!