Saltar ao contido principal

TRABALLOS DO V CERTAME LITERARIO CARMELA LOUREIRO

 Nesta ocasión queremos poñer en coñecemento de toda a comunidade educativa que están xa publicados os traballos do V Certame literario Carmela Loureiro, e que está á vosa disposición un exemplar do caderno, na nosa biblioteca.

Están publicadas publicados pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, as obras gañadoras e tamén  dos outros traballos presentados. 
Por exemplo os de:

-Daniela Katrib.
-María Lejuán Terán.
-Uxío Muñíz. 
Queremos felicitalos a todos e especialmente ao exalumno do centro e membro do noso  Club Manga, que é  Efrén Vázquez Núñez.

Publicacións populares deste blog

CONCURSO DE DECORACIÓN DE PORTAS DO SAMAÍN

  Con motivo da celebración do Samaín e para animar a toda a comunidade a disfrutar deste tempo de relatos e contos de terror, queremos invitarvos a decorar as portas das aulas do centro con adornos que fagan referencia a esta festa ou a relatos terroríficos propios da nosa cultura galega, por este motivo  animámosvos a engadir nas portas, frases de algún relato ou conto propio destas datas. Desde este venres 21 de outubro ata o  4 de novembro, está aberto o prazo para decorar as portas das aulas. Un xurado composto polo Equipo de Dinamización Lingüística do centro elexirá a mellor.  O premio será colectivo para os membros da aula gañadora. Só nos resta desexarvos un bo Samaín, cheo de lecturas terroríficas. Preme aquí para ver algúnha idea.

CONCERTO MOCIDADE COA LINGUA.

O grupo musical do noso centro , Son do Sofía, vén de participar no concerto A Mocidade coa lingua, celebrado hoxe no Auditorio de Ferrol. O alumnado participou con dúas pezas: "Danzas do tempo" baseado nun poema de Luísa Villalta e Bela dona. Foi unha actuación espectacular. Parabéns para todos e tamén para as profesoras de música e lingua galega que traballaron cos artistas.

MURAL EN HOMENAXE A BENITO VICETTO

Esta semana os nosos artistas de 3º da ESO remataron o mural que pecha a conmemoración do II centenario do nacemento do noso ilustre ferrolán. Durante tres días guiados polo artista local Diego Vázquez , quen deseñou o mural, traballaron sen parar e velaquí o resultado. parabéns rapaces.Grazas Diego.