Saltar ao contido principal

XXVII A Mocidade Coa Lingua

O xoves 11 de abril terá lugar o XXVII Festival Musical "A Mocidade Coa Lingua", que se celebrará desde as 10’00 ás 13’00 no auditorio de Ferrol. Organizado por Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra y Concello de Ferrol.
Este ano participa o noso centro coa actuación do coro “Son do Sofía”.  Como presentadora exercerá a alumna de 4º , Irene Arias.  Alí estaremos disfrutando das actuacións o alumnado e profesores acompañantes de 4º da ESO.

Publicacións populares deste blog

MURAL EN HOMENAXE A BENITO VICETTO

Esta semana os nosos artistas de 3º da ESO remataron o mural que pecha a conmemoración do II centenario do nacemento do noso ilustre ferrolán. Durante tres días guiados polo artista local Diego Vázquez , quen deseñou o mural, traballaron sen parar e velaquí o resultado. parabéns rapaces.Grazas Diego.

TEATRO CON G

Hoxe o noso alumnado de 1º da Eso, coa colaboración do departamento de lingua representou no teatro Jofre unha selección de pezas teatrais, dentro do programa teatro con G , organizado pola CENL de Ferrolterra.

FESTAS DO SAMAÍN 2019-2020

Ola compañeiros! Nestas días de outono  estamos a preparar  unha exposición de cabazas para celebrar o tempo do Samaín. En posteriores entradas iremos informando das actividades que se van realizando. Temos pensado facer o tradicional magosto se vos animades a participar. De momento deixamos aquí o cartel do obradoiro de decoración de cabazas  que se vai celebrar entre os días 4 e 8 de novembro. E tamén queremos invitarvos a participar no certame literario de relatos de terror convocado polo equipo de Dinamización lingüística e o da Biblioteca do centro. Podedes consultar as bases nos carteis anexos e tamén nos carteis impresos dos corredores. Fagamos un Samaín de medo!!!