Saltar ao contido principal

LETRAS GALEGAS 2019



Ao longo de este curso levamos traballando desde o EDL do centro en estreita colaboración coa biblioteca, o Departamento de Actividades Extraescolares e o Departamento de Orientación, e unha vez inoformado a través  das titorías, sobre diversas propostas e materiais con que traballar as efemérides que marca o calendario escolar. Así pois, e como non podía ser doutro xeito, a celebración do Día das Letras Galegas tivo aquí o seu espazo. Non obstante, e con ánimo de deixar tempo ás múltiples actividades desenvolvidas no centro,  trasladouse esta celebración para finais de maio, semanas en  que se expoñerán traballos e se levará a cabo  unha representación teatral a cargo do grupo de teatro do instituto.
Por parte de este equipo difundiuse o traballo dos participantes no certame XVIII POESÍA E IMAXE. EN GALEGO, SEN FILTRO, correspondente ao ano 2018, realizando  unha exposición de carteis no corredor do centro.


Colocamos, así mesmo, os paneis sobre Antón Fraguas ao que se dedica este ano O Día das Letras Galegas, espallando entre os titores unha serie de iniciativas co fin de traballar a información que conteñen, desde as  diversas áreas do currículo. 

Por outra banda, sumámonos ás propostas de actividades da biblioteca. Concretamente desde as áreas de Xeografía e Historia e Relixión traballouse no "Proxecto Museo Etnográfico Virtual", que tiña como finalidade  aproveitar os obxectos que hai recollidos no Museo, creado por antigos profesores de Historia do Sofía, como Meizoso ou Llorca, para facer difusión, por medio das novas tecnoloxías, do nome, características e funcións destes obxectos típicos da cultura popular galega.
Este proxecto conecta coa profunda admiración de Antón Fraguas Fraguas (1905-1999) pola cultura Galega, eido en que salientou como investigador, historiador, etnógrafo, recuperador, escritor e difusor cuxa participación en numerosos grupos e institucións desta natureza fica ben patente: Irmandades da Fala, Seminario de Estudos Galegos,  Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, a Real Academia Galega - en que  ocupou a praza de Castelao-. Unha traxectoria que culmina coa creación do Museo do Pobo Galego, do que foi membro fundador e director.
Para este proxecto, o alumnado elaborou un vídeo presentación de cada obxecto da nosa colección etnográfica e,  tras investigar sobre as súas características, editouno relatándoo en primeira persoa. Posteriormente, foron compartidos nun muro virtual que aínda continúa aberto para así propiciar futuras incorporacións  doutras áreas, e que estamos dando a coñecer con axuda  dos blogs e webs do centro.

Publicacións populares deste blog

MURAL EN HOMENAXE A BENITO VICETTO

Esta semana os nosos artistas de 3º da ESO remataron o mural que pecha a conmemoración do II centenario do nacemento do noso ilustre ferrolán. Durante tres días guiados polo artista local Diego Vázquez , quen deseñou o mural, traballaron sen parar e velaquí o resultado. parabéns rapaces.Grazas Diego.

FESTAS DO SAMAÍN 2019-2020

Ola compañeiros! Nestas días de outono  estamos a preparar  unha exposición de cabazas para celebrar o tempo do Samaín. En posteriores entradas iremos informando das actividades que se van realizando. Temos pensado facer o tradicional magosto se vos animades a participar. De momento deixamos aquí o cartel do obradoiro de decoración de cabazas  que se vai celebrar entre os días 4 e 8 de novembro. E tamén queremos invitarvos a participar no certame literario de relatos de terror convocado polo equipo de Dinamización lingüística e o da Biblioteca do centro. Podedes consultar as bases nos carteis anexos e tamén nos carteis impresos dos corredores. Fagamos un Samaín de medo!!!

HOMENAXE AO AUTOR FERROLÁN BENITO VICETTO PÉREZ

O alumnado de 3ª da ESO do noso centro realizou o  21 de maio, unha pequena homenaxe ao autor do Rexurdimento Benito Vicetto Pérez.Escritor, xornalista , historiador, poeta e Fillo Predilecto de Ferrol, no II centenario do seu nacemento.  O acto foi nun pequeno roteiro polos espazos viatais do autor: barrio de Esteiro, Teatro Jofre, Ferrol Vello e finalmente parque Reina Sofía, onde está a estatua conmemorativa.No parque realizamos unha ofrenda floral, a lectura de dous poemas en galego e interpretación do Himno Galeg o