Saltar ao contido principal

MES DAS LINGUAS INDÍXENAS



As Nacións Unidas declaran o 2019 o Ano Internacional das Linguas Indíxenas, Igacienia quere renderlle homenaxe tamén ao lingüista norteamericano Noam Chomsky: Este autor propuxo a finais dos anos cincuenta que o cerebro humano posúe un coñecemento innato, pre-programado, que lle permite adquirir e desenvolver a linguaxe, unha rompedora teoría hoxe maioritariamente aceptada e cuxas implicacións impulsaron novas vías de investigación en moi diversos campos científicos e humanísticos.



Tamén desde Igaciencia proponse a súa vez ao historiador galego Manuel Murguía, destacado galeguista do século XIX pioneiro en atribuírlle un papel central á lingua na definición da nosa identidade colectiva e autor dunha monumental Historia de Galicia en que se percibe o seu coñecemento da investigación histórica europea do momento, o estudo e análise das fontes documentais e a toma en consideración das achegas de diversas disciplinas como a lingüística, a arqueoloxía, a paleografía ou a epigrafía para o progreso do coñecemento histórico.

Publicacións populares deste blog

DÍA DA PAZ 2020

Neste curso 2019-2020 reflexionamos sobre os nosos soños; que todos soñamos nunha convivencia pacífica e que malia que ese soño é compartido, non nos podemos quedar nos desexos, é imprescindible dar pequenos pasos para ir facendo que a Paz se faga realidade. Por este motivo, queremos invitar a toda a comunidade educativa a non desistir neste intento de construír a Paz, para o que facemos a seguinte proposta de acción común. TRABALLO NAS TITORÍAS: -Partindo do visionado do vídeo: SU EÑOS ( UNICEF) reflexionamos sobre as nosas posibilidades de transformar a realidade con pequenas acción, pequenos pasos que están ó noso alcance. -Rematado este diálogo invitamos ó noso alumado a escribir nunha plantilla de pegada:   -Unha acción ou palabra que sexan pasos para mellorar a convivenica e posibilitar a Paz.                                              ...

TRABALLOS DO XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO

Deixámosvos unha presentación para poder leer os traballos do XIX CERTAME POESÍA E IMAXE SEN FILTRO, publicados pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra. Parabéns a todos os participantes. Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO from cenlf

FESTAS DO SAMAÍN 2019-2020

Ola compañeiros! Nestas días de outono  estamos a preparar  unha exposición de cabazas para celebrar o tempo do Samaín. En posteriores entradas iremos informando das actividades que se van realizando. Temos pensado facer o tradicional magosto se vos animades a participar. De momento deixamos aquí o cartel do obradoiro de decoración de cabazas  que se vai celebrar entre os días 4 e 8 de novembro. E tamén queremos invitarvos a participar no certame literario de relatos de terror convocado polo equipo de Dinamización lingüística e o da Biblioteca do centro. Podedes consultar as bases nos carteis anexos e tamén nos carteis impresos dos corredores. Fagamos un Samaín de medo!!!